Nunha pequena cidade semiutópica toda as rúas levan nomes de poetas. Cando comeza a guerra, xorden novos barrios para acoller os refuxiados. Axiña a cidadanía atópase perdida entre os recordos dos poetas esquecidos.
Mulleres maduras falan do desexo, do seu matrimonio, da súa primeira vez, da súa relación íntima coa sexualidade. Na repetición destes ritos ancestrais, a directora cuestiona a súa propia ausencia de matrimonio, de fillos, e con iso, unha cadea de relacións nai-filla que se extingue.