Sesión especial
Planeta GZ 1
2 Oct
22:30
Teatro Principal TICKETS
Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena galega.

A fotografía velada é espazo para unha proposta de memoria

a fotografia velada é espazo para unha proposta de memoria

 )

2024
Sabela Eiriz
0:10:08
EXP/DOC
Estrea en Galicia
estrea en España
Estrea Mundial

(Outro) ensaio visual sobre a intersección entre a memoria e a fotografía. A partir da frustración e da fascinación polas imaxes erradas causadas por erros técnicos e accidentais, empecei a cuestionar a capacidade da fotografía para capturar e preservar a memoria. Primeiro fíxeno elaborando unha historia hipotética a partir das abstraccións xeradas por esas imaxes frustradas e, máis tarde, intervindo directamente nalgunhas das diapositivas. Deste xeito, os erros producidos pola cámara revélanse como recordos que se alteran e reinterpretan co tempo, converténdose en metáforas visuais da memoria: fráxil, imperfecta e íntima.

Exposed

Exposed

 )

2024
Nela Fraga
0:22:50
DOC
Estrea en Galicia
estrea en España
Estrea Mundial

"EXPOSED" é un compendio de retratos feitos desde a intimidade e a complicidade. Persoas que se expuxeron á cámara co fin de reflectir o amor co que se lles mira.Unha ópera prima que nace do convencemento de que vivimos nun momento de extrema violencia, de falta de entendemento, en que sobran as creacións ególatras e faltan miradas que mostren un xeito de observar caladamente a vida desde a gratitude e a empatía. Un collage en diferentes texturas de Super8, unha carta de amor que quere proxectar unha mirada sandadora que disolva individualismos e devolva a capacidade de conexión humana.

O patio

O patio

 )

2024
Ariadna Cordal García
0:19:02
FICCIÓN
Estrea en Galicia
estrea en España
Estrea Mundial

Un home maior volve a casa despois dun tempo fóra e aprende a vivir en soidade. O seu veciño ofrécese a axudarlle coas tarefas da casa, pero a través do espazo e dos obxectos esquecidos que rodean o piso, irrompe o peso da memoria, descubrindo conflitos do pasado e creando problemas na súa relación.

pechar caixas abrir caixas

pechar caixas abrir caixas

 )

2024
Hugo Amoedo
0:17:00
DOC
Estrea en Galicia
estrea en España
Estrea Mundial

O escritor galego Xavier Queipo prepara a mudanza para regresar ao país despois de vivir máis de 30 anos en Bruxelas. Baleira a súa casa e mete os seus recordos en caixas que os mozos de mudanzas cargan no camión para levar de volta a España. Outro galego, o cineasta Hugo Amoedo, tamén asentado en Bruxelas, non sabe cando poderá regresar. Mentres, ensínalle ao seu fillo a andar en bicicleta, dubida, ten soños e ideas para películas e se pelexa na ventanilla de correos.

Sen ti

Sen ti

 )

2024
Feyrouz Serhal
0:19:03
FICCIÓN
Estrea en Galicia
estrea en España
Estrea Mundial

Houbo unha vez unha noite na que un grupo de estrelas baixou a bañarse no Atlántico. Mentres brillaban e relucían nas escuras augas, outra estrela solitaria tremelucía soa alá arriba, no ceo. O seu propósito era diferente: ao final da noite, a estrela Rosalía descendería ata a súa terra natal para reunirse co seu amado.

Histeria do meu pequeno mundo

Histeria do meu pequeno mundo

 )

2024
Pablo Fontenla
0:06:00
CIENCIA FICCIÓN
Estrea en Galicia
estrea en España
Estrea Mundial

Nun futuro dominado pola predición informatizada e o control político e social, un cidadán do montón cuestiónase a verdadeira autonomía humana nun mundo cada vez máis controlado polas máquinas.