Quen somos

Manifesto

Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine foi fundado no ano 2003 polo Concello de Santiago de Compostela co obxectivo de potenciar a creación cinematográfica e audiovisual.

21 edicións despois, Curtocircuíto é un festival destacado no panorama estatal que traballa en contacto con outros festivais da contorna e de Europa.

A contemporaneidade, o risco e a exploración formal son las guías do noso traballo. Nos últimos anos, o festival evolucionou para convertirse nun evento interdisciplinar que, mantendo o cinema como eixo, abrangue na súa programación outras disciplinas tales como a fotografía, a arte sonora, a etnografía, a música ou a literatura.

Consideramos que este diálogo entre as artes que compoñen o cinema enriquecen a experiencia do espectador e permíteno, como programadores, romper certas convencións e constricións propias dos modelos tradicionais. Curtocircuíto é un festival comprometido co seu tempo, que apoia á creación, á formación e á integración da cidadanía e que aspira permanentemente a ser un punto de encontro lúdico e de reflexión.

A equipa

Dirección artística: Pela del Álamo 
Coordinación xeral: Martín Cañedo
Dirección de produción
: Jose Díaz
Programación: Pixi Arnoso, Acacia Ojea, Pela del Álamo
Responsable técnico de cine, control de copias: Pixi Arnoso
Departamento de invitadxs: Marta Díaz, Jesús Silva 
Coordinación e xestión de contidos: Sabela Brand 
Comunicación e prensa: Andrés García de la Riva
Redes sociais: Thais Suárez
Xefa de produción: Keka Losada
Produción técnica: Emilio Horyaans, Ismael Romarís
Deseño e web: Iñaki López
Fotografía: Aigi Boga
Subtitulado: Marián Sande
Traducións: Jorge Mills
Auxiliares: Natalia Risueño, Andrés Reina