Sesións Especiais

5.10.2024

12:00

Hotel NH Collection Santiago de Compostela

Instrumentos de Visión: metodoloxías e analoxías entre a ciencia e a fantasía.

 
TICKETSINSCRIPCIÓN GRATUÍTA AQUÍ

Esta sesión especial estará organizada en colaboración co Art.Lab do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) a partir da súa exposición Instrumentos de Visión, do artista Armin Linke e comisariada por Mónica Bello desde Arts at CERN. A actividade contará coa participación do  físico teórico Carlos Salgado, director do IGFAE; Luísa Martínez, Responsable de Cultura Científica de CSIC-Galicia e o investigador e artista sonoro, Xoán-Xil.  A conversa partirá do traballo exposto por Linke para facer unha analoxía entre os instrumentos da visión científica e as ferramentas da visión e da filmación e, a partir de aí, afondar nas analoxías e diverxencias dos métodos de investigación artística e científica.

Nos últimos anos, o IGFAE impulsou o programa ArtLab, un espazo de diálogo entre a arte e a ciencia desenvolvida neste centro de investigación, que fomenta as interaccións entre ambas áreas do coñecemento. Neste marco, e en relación á recente exposición organizada polo IGFAE, o centro súmase á programación de Curtocircuito, co obxectivo de explorar as analoxías entre os instrumentos de visión científica e as ferramentas da filmación, e afondar nos vínculos e diverxencias entre os métodos de investigación científica e artística.

6.10.2024

12:00

Teatro Principal

Expedición Metaturística - Con Valeria Mata e Marcos PTT

 
TICKETSINSCRIPCIÓN GRATUÍTA AQUÍ

Primeira sesión 12:00. Segunda sesión 13:30.

Un paseo polas rúas da cidade para facer turismo do turismo. Unha deriva desde a etnografía, a escoita e o xogo. O turismo de masas é un problema global que arrasa multitude de cidades. Santiago de Compostela é unha das localidades con maior presión de España. En 2023, 95 691 turistas visitaron unha poboación que conta con 98 179 habitantes. Fronte a esta situación de saturación, Curtocircuíto vén desenvolvendo desde hai case unha década actividades como #OutraCompostela ou as Residencias Artísticas, que teñen como obxectivo retratar e cuestionar ese estrés entre turistas e veciños. Nesta Expedición Metaturística o festival sae das súas sedes para explorar a súa propia cidade en procura deses lugares de fricción cidadá coa intención de repensar o público e achegar un gran de area na construción de novos imaxinarios urbanos e sociais para Compostela.

Valeria Mata é antropóloga social. Escribe e investiga sobre os cruzamentos entre as prácticas artísticas e a antropoloxía, a dimensión política e cultural da comida, e os imaxinarios sociais da viaxe. Compartiu obradoiros e organizou grupos de estudo e exploración ao redor destes temas. Publicou Plaxie, copie, manipule, roube, reescriba este libro (2018) e Todo o que se move (2020).

Marcos PTT (Lugo, 1977), dedicouse desde sempre á creación escénica, como intérprete ou director. Tras experimentar no teatro de obxectos coa súa compañía O Retrete de Dorain Gray, mergullouse no formato dos paseos sonoros, onde concibe o territorio como un obxecto poético. Co ánimo de que o público non só sexa un espectador, senón un axente creador. Ás veces, conségueo. Desde o ano 2017 forma parte de Galiza Emocional, colectivo formado por traballadoras culturais e do ámbito social. Usando como ferramentas as cartografías emocionais, a fotografía e a arte sonoro, pretende activar experiencias creativas e participativas, que transformen os espazos e fortalezan os vínculos comunitarios. Ás veces, tamén o conseguen.

4.10.2024

11:00

Facultade de Psicoloxía

Cátedra Cruz Roja - USC

 
TICKETSINSCRIPCIÓN GRATUÍTA AQUÍ

4.10.2024

18:00

Teatro Principal

Seguir un cable e enterrarnos no mar. Mario Santamaría

 
TICKETSINSCRIPCIÓN GRATUÍTA AQUÍ

Internet componse dunha serie de materiais, construcións e intervencións que se ocultan nunha primeira ollada; desde edificios anódinos no centro das nosas cidades, ata praias urbanas onde os cables submarinos que conectan países e continentes están enterrados baixo a area. Mario Santamaría proponnos unha deriva seguindo os nosos propios datos á infraestrutura global das telecomunicacións.

Esta sesión remata co visionado de Deep Down Tidal (Tabita Rezaire, 2017)

5.10.2024

18:00

Teatro Principal

Futuros dos fondos mariños: Ciencia e ficción en dimensións profundas. Mae Lubetkin

 
TICKETSINSCRIPCIÓN GRATUÍTA AQUÍ

*Conferencia en inglés.

Os fondos mariños encerran moitas historias e o seu futuro aínda non está contado. Para a súa Residencia Dixital 2023-2024 TBA21 Ocean-Arquive.org, Mae Lubetkin mediou entre a ciencia e a ficción nos fondos mariños a través dunha investigación práctica sobre as profundidades mariñas na súa dimensión dixital. Baseándose nos estudos críticos dos medios de comunicación, a estética das bases de datos, as tecnoloxías de exploración dos fondos mariños, o decrecemento azul e o activismo antiextractivista, Mae convidou as comunidades a imaxinar os futuros dos fondos mariños mergullándose en modelos 3D dos hábitats das profundidades mariñas. En solidariedade cos fondos mariños, a serie resultante de tres viñetas animadas en 3D -de respiradoiros hidrotermais, corais de augas frías e chairas abisais de nódulos polimetálicos- representa os fluxos da historias e dos futuros especulados imaxinados conxuntamente para estes mundos dos fondos mariños. O proxecto Seafloor Futures, realizado mediante obradoiros, cofabricación, reconstrución 3D, animación, deseño sonoro, obras escritas e unha base de datos 3D dos hábitats das profundidades mariñas, ofrece contranarrativas e imaxinarios mergullados para reconsiderar a nosa relación cos mundos das profundidades oceánicas e propoñer futuros antiextractivistas. Mae desvelará as historias e estudos do proxecto Seafloor Futures reorientándonos para actuar cos fondos mariños agora.

Mae Lubetkin é unha persoa ceanógrafa, escritora e artista. A súa investigación práctica reformula as nosas relacións coas masas de auga mediante a investigación, a contranarrativa, a especulación e a memoria. A miúdo no mar, con formación en xeoloxía mariña e imaxes submarinas, o seu traballo dialoga e entra en tensión coa ciencia. Cos estudos de campo como guía e pensando co máis-que-humano, aborda a creación e a escritura a través de marcos queer, antiextractivos e decoloniais. A súa práctica principal é solidaria con contornas mergulladas, antigas, efémeras e imaxinarias.

4.10.2023

20:15

Teatro Principal

Cineclube de Compostela x Curtocircuíto: Roberto Vidal Bolaño

 
TICKETSINSCRIPCIÓN GRATUÍTA AQUÍ