Live AV

6/10/2024

20:00

Teatro Principal

BROMO - CRISPR the pattern of life AV

TICKETSGRATUITO - DE BALDE - FREE

BROMO

Este Live AV forma parte do acto de clausura, polo que é de balde previa retirada de entrada na billeteira. CRISPR the Pattern of Life é a última proposta de BROMO. Un tránsito cara ao coñecemento, un achegamento a un dos avances máis emocionantes na historia da biotecnoloxía. Desde o descubrimento dos sistemas CRISPR por Francis Mojica ata o desenvolvemento das primeiras aplicacións, esta tecnoloxía capaz de modificar a nosa secuencia de ADN revolucionou a historia da enxeñería xenética. Editar ao humano, deseñarnos, mellorarnos. Cara a onde nos diriximos como especie? Do Transhumanismo a Déala - extinción de especies, este espectáculo mostra algunhas das aplicacións e límites éticos que expón esta tecnoloxía. Sons contundentes con pasaxes emocionantes e abstractas, desfilan unha amálgama de texturas orgánicas e conceptos sonoros que nos farán bailar, emocionarnos e cativar a nosa atención. Unha viaxe musical e visual cargada de significados e de mensaxes, de paisaxes imposibles de imaxes xenerativas e de naturezas reinterpretadas que penetran e guían ao espectador polo universo da bioloxía sintética e da filosofía da evolución. Estamos preparados para asumir os cambios derivados de CRISPR?

Foto:
Elena de la Fuente
Foto:
Foto:

5/10/2024

22:00

Sala Capitol

33EMYBW & Joey Holder AV + Riccardo Giovinetto AV + Mwëslee DJ SET

TICKETSGRATUITO - DE BALDE - FREE

33EMYBW & Joey Holder AV

A produtora e artista visual nativa de Shangai 33EMYBW foi un membro activo na escena musical chinesa durante máis dunha década. Inspirándose na música de baile moderna, a música folclórica e unha ampla gama de materiais visuais, gradualmente refinou unha variedade de elementos conceptuais mixtos nunha forma que combina un ritmo moi persoal e impresionantes deseños de son experimentais. Joey Holder é unha artista cuxo traballo expón cuestións filosóficas sobre o noso universo e cousas aínda descoñecidas, relacionadas co futuro da ciencia, a medicina, a bioloxía e as interaccións entre humanos e máquinas. A súa obra de arte é unha forma de "mundialización" na que realiza instalacións multimedia inmersivas que exploran os límites do humano e como experimentamos formas non humanas, naturais e tecnolóxicas.

Riccardo Giovinetto - FEMINA AV

FEMINA é unha performance audiovisual de dobre pantalla na que ecos dos madrigais polifónicos superpóñense á composición da música electrónica orixinal, mentres mostras de pinturas renacentistas transfórmanse nun fluxo de imaxes en evolución. O proxecto explora a idea da graza e da mirada que a definía durante o Renacemento, a dos pintores, que a concedían por excelencia á figura feminina. O son e o vídeo inspíranse nos mesmos principios conceptuais e condiciónanse mutuamente.  Durante a representación, a Sección Áurea entra en diálogo con proporcións e principios alternativos. Do mesmo xeito, as polifonías vocais tratáronse mediante un procesamento que altera a súa natureza, de modo que as mostras resultantes poidan relacionarse cos sons esculpidos da música electrónica. Unha viaxe imaxinaria dunha IA a través das súas diversas etapas de aprehensión, interiorización e autoexpresión do concepto de graza.

Mwëslee DJ SET

Mwëslee estará a presentar un dos seus sets eclécticos onde sons do pasado e o futuro, do norte e do sur interconéctanse, os bpms e as dinámicas fluctúan de 0 a 100, pasando de new age deconstruido aos ritmos frenéticos dos suburbios, nunha ensamblaxe do son global do SXXI.

Foto:
Fotografía de 33EMYBW por Sun Zhongjia
Foto:
Sara Pista
Foto:

5/10/2024

20:00

Teatro Principal

Emil Saiz & Judith Adataberna ft. Jean Painlevé - The Dance of the Witches AV

TICKETSGRATUITO - DE BALDE - FREE

The Dance of the Witches

Comisariado por Curtocircuíto, The Dance of the Witches –un espectáculo audiovisual de guitarrista, compositor produtor Emil Sáiz e a artista visual Adataberna, en diálogo coas películas submarinas de Jean Painlevé– propón un descenso ao abismo, onde o son e a imaxe converxen nun fluxo denso e inmersivo. A composición de Sáiz desprégase lenta e deliberadamente -unha danza de tensión, éxtase e resolución-, explorando a elasticidade do tempo mentres respira e expándese, reflectindo o movemento das criaturas das profundidades mariñas nas películas. Combinada coa proposta visual de Adataberna, unha reinterpretación das imaxes de Painlevé –que transforma empregando placas de cobre, material historicamente utilizado en aliaxes para equipos submarinos como os escafandros dos mergulladores-–, a peza convértese nunha invocación, un ritual doutro mundo para atraer a audiencia ao momento presente; unha invitación para mergullarse por completo e experimentar a resonancia do descoñecido.

Emil Saiz

A música de Emil Saiz busca a catarse. Afastándose de estruturas convencionais e restricións de duración -e facendo énfase na fisicalidade do son-, Saiz xera coa súa guitarra cúmulos de texturas que se despregan e se pregan sobre si mesmos, tentando abrir portais para expresar resonancias emocionais ocultas.  Fundador do grupo de pop experimental Nothing Places e membroda banda balear Oso Leone, Saiz ten colaborado, grabado eactuado con numerosos artistas, entre os que se atopan IvánFerreiro, Suso Saiz, Christina Rosenvinge, Niño de Elche e Zahara.En 2024 publicou Affect/ Reflect, o seu primeiro traballo en solitario; unhameditación sonora creada para The Listening Affect, festival deecoloxías sonoras comisariado polo Instituto de EstudiosPostnaturales e organizado por la Galería Municipal de Oporto.Nado en Madrid, España, actualmente reside en Oporto, Portugal.

Judith Adataberna

Judith Adataberna, desenvolveu a súa obra a través do cinema experimental, a fotografía e a videoinstalación. Estudou Belas Artes en Pontevedra e completou os seus estudos no Laboratorio de Cinema Experimental #MÁSTER-LAV. De pais mariñeiros, creceu nunha batea con gran contacto co traballo manual e coa natureza. Na súa casa sempre houbo unha gran relación coa morte e co sobrenatural, feito que lle provocou moitas preguntas desde temperá idade. Por este motivo na súa obra sempre se manifestou unha constante necesidade de desafiar a concepción hexemónica da realidade, creando proximidades entre a visión onírica e a especulativa da ciencia. Entre o cinema estrutural e a linguaxe do videoxogo, propón a miúdo cámaras-corpo que ensaian sobre posibles "modelos e simulacións" de realidade, buscando os espazos liminais da conciencia e da propiocepción a través do alucinatorio. Son temas recorrentes na súa obra os mecanismos da supervivencia entre especies e como o devir tecnolóxico engadiu unha relectura sobre o transhumanismo e o desenvolvemento afectivo coas máquinas que nos rodean.

Aquí podes ler un texto curatorial de Judith Adataberna.

Foto:
Foto:
Renato Cruz
Julian Fallas
Foto:

4/10/2024

22:00

Sala Capitol

¥ØU$UK€ ¥UK1MAT$U DJ SET+ Zoë Mc Pherson & Alessandra Leone AV

TICKETSGRATUITO - DE BALDE - FREE

¥ØU$UK€ ¥UK1MAT$U DJ SET

A versatilidade nin sequera chega a describir porqué o humilde DJ xaponés ¥ØU$UK€ ¥UK1MAT$U está considerado como un dos mellores do mundo por moitos dos seus colegas. O DJ favorito do teu DJ favorito, Yukimatsu é orixinario de Osaka —onde dirixía as súas festas Zone Unknown—, pero agora está fincado en Tokio. O seu lendario dominio dos CDJ proporciona conexións alucinantes pero perfectas entre todos os xéneros imaxinables. Desde o seu debut no evento FUTURE TERROR de DJ Nobu ata a súa actuación durante tres anos consecutivos no Festival Atonal de Berlín, os sets de Yukimatsu deben escoitarse para crelos. Yukimatsu, un fixo nas instalacións/performances de Asian Dope Boys, é un selector digno da súa recompilación de mesturas Midnight is Comin', publicada por Midnight Shift. O seu set de 2022 en Hör Berlin acumulou máis de dous millóns de visitas en menos de diez meses.

Zoë McPherson & Alessandra Leone - PITCH BLENDER AV

Pitch Blender un novo espectáculo audiovisual construído en torno ao recentemente publicado álbum homónimo de Zoë é un conxunto de experimentos cibernéticos para a pista de baile que oscilan entre a rave e o espazo artístico. Chega por cortesía de SFX, o selo que Mc Pherson dirixe coa súa colaboradora Alessandra Leone.

Alessandra Leone, nada en Milán en 1983, Leone licenciouse en Deseño de Produtos e obtivo un mestrado en Deseño de Comunicación no Politécnico de Milán. Residente en Berlín desde 2009, seguiu traballando como directora de arte e deseñadora de movemento, á vez que ampliou a súa arte e a súa práctica aos medios interactivos, o deseño xenerativo, as narrativas baseadas en datos e a dirección de vídeos musicais a través de diversas colaboracións.

Zoë Mc Pherson, afincada en Berín e descrita como “vangardista” pola publicación británica Mixmag e “intrépida” por Hyponik, é unha artista multimedia franco-irlandesa cuxa práctica absorbe elementos da performance, do deseño sonoro, da instalación artística e do DJ.

Foto:
Foto:
Foto:

4/10/2024

19:30

Teatro Principal

Iván Torres con Andrés Rodrigues & Xoán-Xil - URHO AV

TICKETSGRATUITO - DE BALDE - FREE

URHO AV

URHO é un proxecto performativo que parte do son e das imaxes gravadas polo artista audiovisual Iván Torres Hdez a bordo do crebaxeos do mesmo nome, buque insignia da frota Finlandesa. O complexo e profundo son das gravacións de campo son a base dunha paisaxe sonora interpretada en directo polos músicos e artistas sonoros Andrés Rodrigues e Xoán-Xil López, ademais de polo propio Iván Torres mediante o uso de sintetizadores e sistemas de radio aos que se engaden instrumentos construídos por Xoán-Xil. A peza ten un carácter de improvisación e de diálogo entre os tres artistas que reaccionan aos visuais onde se mesturan imaxes de estilo documental con animación en celuloide. A presenza impasible da tripulación contrasta co movemento constante e o son enxordecedor mentres o crebaxeos ábrese paso a través dun mar Báltico xeado rodeado dunha paisaxe case lunar.

Foto:
Foto:
Foto:

3/10/2024

23:00

Teatro Principal

Irene de Andrés & Javi Álvarez - Dopo la pausa (AV)

TICKETSGRATUITO - DE BALDE - FREE

Dopo la pausa

Dopo la pausa é o resultado dunha travesía polo Mediterráneo occidental seguindo a evolución da turistificación desde o escenario rpincipal do seu máximo expoñente: o cruceiro. Estas cidades flotantes que se deslizan de porto en porto como fichas de Air Hockey, ofrecen a través da fiestra do camarote un trvelling propiciado polo propio movemento do barco, que invita á contemplación reflexiva con referencias a outras películas basadas en cruceiros que navegan este mar tan cotizado. A banda donora da película foi composta e interpretada usando os pianos da Academia de España en Roma, e será executada en directo nesta sesión do Festival Curtocircuíto.

Irene de Andrés

Irene de Andrés naceu nun dos destinos turísticos máis desexados, a illa de Eivissa, o que inevitablemente lle levou a investigar a evolución do lecer e do propio significado da viaxe ao longo da historia, desde os primeiros colonos aos operadores turísticos. Balnearios, cruceiros e discotecas, son os escenarios crave para a artista que, a través de pezas fílmicas, escultóricas ou fotográficas, conforma viaxes a través do tempo e por distintas augas, nos que conecta diversos feitos históricos que nos fan reflexionar sobre o modelo de consumo turístico, especialmente deseñado para a clase obreira.

Javi Álvarez

Javi Álvarez é un artista e músico nado en Santiago de Compostela, cidade que conta con 96.000 empadroados e que no 2022 bateu o seu récord de turistas, superando o millón e medio de pernoctacións. No 2023 esta cifra aumentou un 33% por cento, e só na primeira metade do 2024 xa se pulverizaron ditas marcas.

Foto:
Foto:
Marcela Sciaccaluga
Foto:

1/10/2024

20:30

Teatro Principal

Submarina de Improvisación ft. Veinte mil leguas de viaxe submarina (Stuart Paton, 1916)

TICKETSGRATUITO - DE BALDE - FREE

Veinte mil leguas de viaje submarino (Stuart Paton, 1916) & Submarina de Improvisación

A inauguración de Curtocircuíto acollerá un cinema ao vivo ideado expresamente para este acto. A formación efémera Submarina de Improvisación musicará en directo o filme Vinte mil leguas de viaxe submarina (Stuart Paton, 1916). O filme é unha adaptación inxenua e fachendosa, que roza o vodevilesco, da novela homónima de Julio Verne. A produción, con todo, contou cos desenvolvementos técnicos de John Ernest Williamson, quen desenvolveu apenas un ano antes o primeiro sistema de fotografía e filmación subacuática. Precisamente este innovador encontro entre a ciencia e a arte é o motivo principal para a elección deste filme e é unha das converxencias que o festival quere explorar a través de diversas actividades.

Submarina de Improvisación: Trío de improvisación subacuática formado por Paulo Pascual ao theremin, Saul Puga ao contrabaixo e Xavier Bértolo cos sintetizadores. A formación xorde expontaneamente e de forma puntual para este espéctaculo de cinema músicado ao vivo. Os músicos explorarán as profundidades sonoras dos seus instrumentos improvisando unha banda sonora para Vinte mil leguas de viaxe submarina (1916) no que será un espectáculo único e literalmente, irrepetible.

Foto:
Foto:
Foto: