Eventos / Actividades

A inauguración de Curtocircuíto acollerá un cinema ao vivo ideado expresamente para este acto. A formación efémera Submarina de Improvisación (Xavier Bértolo, teclados e sintetizadores, Paulo Pascual, theremin, e Saúl Puga, contrabaixo) musicará en directo o filme Vinte mil leguas de viaxe submarina (Stuart Paton, 1916). O filme é unha adaptación inxenua e fachendosa, que roza o vodevilesco, da novela homónima de Julio Verne. A produción, con todo, contou cos desenvolvementos técnicos de John Ernest Williamson, quen desenvolveu apenas un ano antes o primeiro sistema de fotografía e filmación subacuática. Precisamente este innovador encontro entre a ciencia e a arte é o motivo principal para a elección deste filme e é unha das converxencias que o festival quere explorar a través de diversas actividades.

6/10/24

8:00 pm

Teatro Principal

Acto de clausura - 2024

 
INSCRIPCIÓN GRATUÍTA AQUÍ

Como colofón a esta edición do festival, celebraremos un acto de clausura que comezará coa actuación de BROMO, CRISPR the pattern of life. Ademais, faremos a entrega de premios aos gañadores das distintas categorías e proxectaremos o filme ganador da Sección Oficial.

30/9/24

10:00 am

#OutraCompostela

 
INSCRIPCIÓN GRATUÍTA AQUÍ

Para apuntarse enviar correo a contenidos@curtocircuito.org

#OutraCompostela é unha oportunidade para fomentar a creatividade entre o estudantado co obxectivo de construir, a través das pezas creadas, unha visión alternativa de Santiago de Compostela, a través de contidos en redes sociais con narrativa cinematográfica. 

O concurso consiste en realizar unha peza que sexa un “retrato da túa Compostela onde aparezan de xeito libre os conceptos de silencio, profundidade ou escuridade", facendo alusión aos fondos oceánicos, que é a temática desta edición. Deste xeito, incentivarase a reflexión dos estudantes sobre o espazo que habitan mentres exploran a súa cidade e xeran contido en redes sociais que reflicta unha visión alternativa que cuestione as imaxes habituais de Santiago de Compostela.

Ler as bases aquí.