Nun mundo hipermasificado no que Internet é un refuxio da mente e o scroll infinito unha corda pola que descender ás profundidades do contido, por que non tomar esa experiencia individual e extraela do seu espazo tempo e axencia? Unha viaxe ás profundidades do mar dixital que enfronta ás imaxes en colectividade nunha pantalla de cinema sen posibilidade de decidir en que vídeo facer unha pausa e en cal deterse.