Sesión fóra de abonos. Xestión de entradas no propio Cineclube de Compostela.
Esta sesión realizarase o día 9 de outubro ás 21:00 na Gentalha do Pichel.
Un ano máis o festival proponse seguir recuperando o patrimonio cinematográfico amateur galego. Tras a Carta Branca concedida e Ezequiel Méndez en 2018; a estrea dos filmes de Eugenio Granell; a recuperación da faceta de realizador de Vidal Bolaño ou a rehabilitación dos materiais do Grupo Lupa a través da figura de Euloxio Ruibal, en 2024 o festival propón darlle visibilidade á labor do Equipo 64. Gonzalo Anaya, Enrique Banet e o propio Ezequiel Méndez (responsable do mítico Cine-Club Universitario) fundaron e codirixiron dende Equipo 64 os seguintes documentais en 16 mm con patrocinio da Caja de Ahorros de Santiago: El Camino de Santiago; Malpica; Cuatro plazas, El Pórtico de Compostela or Compostela. Tamén elaborouse un guión titulado Castelao que non chegou a producirse pola disolución del equipo. Así como varios guións inéditos están hoxe depositados na Filmoteca de Galicia. En 1964, Anaya, Banet e Méndez, cunha cámara cinematográfica portátil, unha boa dose de inexperiencia e determinación sen límites fixeron unha viaxe inesquecible a Roncesvalles para filmar ós peregrinos; conseguiron montar un andamio diante do Pórtico da Gloria (cedido polo Cine Metropol despois de ser utilizado para instalar unha pantalla de formato Todd-AO) e mergulláronse no corazón da Costa da Morte. As copias destes filmes están depositadas na Filmoteca de Galicia e levan sen ser proxectadas publicamente en Compostela máis de 50 anos.