Coa finalidade de seguir tendendo pontes de mediación cultural entre o cine e a vida das persoas, abrimos unha nova liña de traballo coa Universidade de Santiago, esta vez coa Cátedra Cruz Roja – USC, dependente da Facultade de Psicoloxía.
Esta Cátedra está centrada na mellora da calidade de vida das persoas maiores. Cada ano centra os seus esforzos nun campo concreto dentro de esta temática e, no 2024, este campo é a diversidade nas persoas maiores.
A creación audiovisual, na súa faceta de espello e fiestra da sociedade, sabemos que é unha ferramenta educativa e de reflexión moi poderosa. Por iso, nesta 21ª edición, o Curto inaugura un Premio Especial Cátedra Cruz Roja – USC, cunha dotación de 1.500,00 €, para recoñecer as pezas con contido destacable no campo da diversidade nas persoas maiores. O xurado estará composto por:
· Onésimo Juncos-Rabadán. Subdirector da cátedra institucional Cruz Roja – USC. Desenvolve a súa actividade investigadora no estudo do envellecemento psicolóxico e as demencias coordinando diferentes proxectos e publicando máis dun cento de artigos en revistas de impacto. Foi coordinador do Máster interuniversitario de Psicoxerontoloxía (USC, USAL, UB, UV) e do Programa de doutoramento Desenvolvemento psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde.
· Jorge García-Marín. Profesor titular de Sociología , ex secretario del Centro Interdisciplinario de Investigaciones Feministas y de Estudios de Género (CIFEX) de la Universidad de Santiago de Compostela y actual coordinador Master Igualdad, Género y Educación . Su actividad investigadora y docente se centra en torno a temáticas referidas a estudios de género y masculinidades.
· Acacia Ojea. Artista, curadora e investigadora de prácticas sonoras. Con formación en belas artes, electroacústica e cinema experimental, desenvolve transversalmente proxectos vinculados ás artes sonoras, á linguaxe fílmica e ao ámbito performativo.
Sumado a esta iniciativa, o día 30 de setembro faremos unha sesión de proxección gratuíta dos filmes seleccionados, no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía, que concluirá cun coloquio no que participarán os seguintes responsables de distintos departamentos do Grao de Psicoloxía e creadores audiovisuais que conversarán co alumnado presente:
Presentación: Arturo X. Pereiro (Dir. Cátedra Cruz Roja - USC).
· Moderadora: M. José Sampedro (Decana Fac. de Psicoloxía)
· Especialistas: Onésimo Juncos Rabadán - Profesor Emérito Ad Honorem; Jorge García Marín - Profesor titular USC; Carmen Méndez - Directora da peza "Pura" a concurso nesta sección; Pela del Álamo - Director de Curtocircuíto