Clausuramos Curtocircuíto 2024!

Noticias
10/11/2024

Moitas grazas por acompañarnos un ano máis en Curtocircuíto!

Esta noite celebramos o acto de clausura, rodeados de amigos e amigas. Poñemos fin a unha semana de cine, música, encontros e sesións especiais. 

Gozamos do espectáculo CRISPR, the pattern of life AV a cargo de Bromo (Paloma Peñarrubia & Azael Ferrer), e proyectamos a película gañadora do Premio do Público: Las novias del sur de Elena López Riera.

Contámosvos o palmarés completo deste ano:  

Premio Cosmos á Mellor Película: It Will Be Better Before de Keto Kipiani

Premio Cosmos a Mellor Película Innovadora: Exit Through the Cuckoo’s Nest de Nikola Ilic

Premio Cosmos á Mellor Película Española: Las novias del sur de Elena López Riera

Premio Galiza: Humedalia, de Irene Saez Carballeira

Mención Especial Galiza: A fotografía velada é espazo para unha proposta de memoria, de Sabela Eiriz

Premio Supernova: Pura, de Carmen Méndez

Premio Xurado Novo: For here am I sitting in a tin can far above the world de Gala Hernández

Mención especial do Xurado Novo: Frialdad, de Andrea Sánchez

Premio do Público: Las novias del sur de Elena López Riera

Premio Cátedra Cruz Roja - USC: Pura, de Carmen Méndez

Premio #OutraCompostela: Fontes, de Mario Elías Blanco Boullosa e Andrea Rodríguez Regodeveses. 

Vémonos na próxima edición de Curtocircuíto!

Grazas! 

Stay tuned