Abrimos convocatoria para o Voluntariado Curtocircuíto 2024

Noticias
9/16/2024

Búscase xente responsable, con interese cultural e con ganas de colaborar nos labores básicos de produción dun festival: asistencia de invitados, apoio ao equipo nas salas de proxección, supervisión das actividades, servizo na oficina do festival, asistencia na comunicación etc.

Curtocircuíto celebra a súa 21ª edición do 1 ao 6 de outubro de 2024, cunha modalidade presencial de proxeccións, concertos e actividades formativas en diversas sedes coma o Teatro Principal, Auditorio Abanca e Sala Capitol. Nos últimos anos, o festival evolucionou para converterse nun evento multidisciplinar que, mantendo o cine como eixe, abrangue na súa programación outras disciplinas tais como a fotografía, a arte sonora, a etnografía, a música ou a literatura.

Horario: flexible en función da dispoñibilidade, en turnos de mañá ou tarde.

Prazas: 25.

Para inscribirte, pincha aquí.

Prazo de inscrición: do 1 ao 25 de setembro de 2024

Stay tuned