Como xa sabedes, do 1 ao 6 de outubro, no Curtocircuíto, organizado polo Concello de Santiago, poderedes gozar de 41 películas de 16 países, distribuídas en tres seccións -Cosmos, Planeta GZ, Supernova- das que 28 son dirixidas por mulleres, —65% do total. Cineastas como Elena López Riera, Marina Lameiro, Gala Hernández, Sandra Schäfer ou Rainer Kohlberger presentarán os seus novos traballos.
COSMOS
Esta Sección Oficial volve recoller a vontade de romper as barreiras entre os xéneros cinematográficos e a procedencia das películas para poñelas a dialogar sen limitacións.
Cine narrativo, pezas abstractas e numerosos ensaios fílmicos, procedentes de países como Estados Unidos, Alemaña, Francia, Bélxica, Países Baixos, Suíza, Austria, Xeorxia, Irán , Bangladesh, Filipinas, Corea do Sur, Andorra e España.
O xurado da Sección Oficial Cosmos estará composto por Guilherme Blanc, Peter Taylor, Valeria Mata, Jara Yáñez e Caroline Maleville.
Across the Waters de Viv Li. 2024 - Francia
Aquí estoy sentado en una lata volando por encima del mundo de Gala Hernández. 2024 - España
Arbor Labor de Stefanie Weberhofer. 2024 - Austria
Bliss Point de Gerard Ortin. 2023 - España
Circle de Joung Yumi. 2024 - Corea del Sur
City of Poets de Sara Rajaei. 2024 - Países Bajos
Crushed de Camille Vigny. 2024 - Bélgica
El vértigo de las distintas maneras de ver de Estampa. 2024 - España
Exit Through the Cuckoo’s Nest de Nikola Ilić. 2024 - Suiza
Few Can See de Frank Sweeney. 2023 - Irlanda
Frialdad de Andrea Sánchez. 2023 - España, Andorra
Gimn Chume de Ataka51. 2024 - Alemania, Rusia
It Will Be Better Before de Keto Kipiani. 2024 - Georgia
Into the Magnetic Fields de Sandra Schäfer. 2024 - Alemania
Krutxalteatik Uronarat de Marina Lameiro, Pueblo de Uztárroz. 2024 - España
La Fille qui explose de Caroline Poggi, Jonathan Vinel. 2024 - Francia
Las novias del sur de Elena López Riera. 2024 - Suiza, España
Lemon Tree de Rachel Walden. 2023 - Estados Unidos
Moon v. State de James N. Kienitz Wilkins. 2024 - Estados Unidos
Mother is a Natural Sinner de Boris Hadžija, Hoda Taheri. 2024 - Alemania, Irán
Radikals de Arvin Belarmino. 2024 - Filipinas, Estados Unidos, Bangladesh, Francia
Terminal Island de Sam Drake. 2024 - Estados Unidos
The Electric Kiss de Rainer Kohlberger. 2024 - Austria, Alemania
The Sunset Special 2 de Nicolas Gebbe. 2024 - Alemania
Ulía de Laura Moreno Bueno. 2024 - España
PLANETA GZ
Desde Planeta GZ celebramos o cine galego proxectando películas dirixidas polos cineastas máis singulares do país.
Esta selección convida a percorrer un camiño que se esvaece baixo un ceo crepuscular, todo envolto nunha beleza e nunha case inevitable nostalxia.
A fotografía velada é espazo para unha proposta de memoria de Sabela Eiriz. 2024
Corre o vento de Paula Fuentes y Guillermo Cabrera. 2024
Histeria do meu pequeno mundo de Pablo Fontenla. 2024
Humedalia de Irene Saenz Carballeira. 2024
Exposed de Nela Fraga. 2024
O patio de Ariadna Cordal García. 2024
Patios de luz de Fran Rodriguez Casal. 2024
Pechar caixas abrir caixas de Hugo Amoedo. 2024
Queimar cando morra de Inés Pintor. 2024
Sen ti de Feyrouz Serhal, 2024
SUPERNOVA
Como un fío de auga recén nado que busca o seu curso, cada unha das sete pezas, con estilos e formatos propios—documental, ficción e experimental—serve de canle para a procura da propia identidade.
A mirada delas de Clara Maseda da Veiga. 2024
El cuerpo que existe más que yo de Elena Mato. 2024
Gralla de Rebeca Tella, Daniel Filloy. 2024
May You Live To See The Dawn de Patricia Lleras, Ramón Martínez. 2024
Muiño d’Abaixo de Cris Souto. 2024
Pura de Carmen Méndez. 2024
.jpeg de Anxo González Álvarez. 2024
PROFUNDIDADES OCEÁNICAS
O cartel desta edición, que é froito da colaboración do deseñador vasco Iñaki López Allende (tamén coñecido como eenyakee) e da dirección artística do festival, reflicte o espírito explorador e inmersivo de Curtocircuíto 2024 e mergúllase nas profundidades oceánicas. Este tema percorrerá gran parte da nosa programación, pero diso falaremos en próximas novas.