
Unha forza do pasado
Unha forza do pasado
Bandia Ribeira
- 05:00
- DIAPORAMA
Partindo dos mitos relixiosos que inspiran o Camiño de Santiago e o seu simbólico final no Pórtico da Gloria, establecín un percorrido fotografiando nos dous extremos da ruta xacobea mozárabe: Almería e Galicia. Un principio e un final, alfa e omega, dous opostos nos que a través de encontros casuais e programados nos que se enfrontan as miñas fantasías coa realidade. A través dunha serie de recreacións en torno ás nocións bíblicas do paraíso, o limbo, o purgatorio ou a prometida gloria que sucede á morte, fun na búsqueda dunha vertente espiritual representada historicamente como un conto, unha advertencia para o sometemento ao poder e a expansión relixiosa.