
Jacqui Davies
Davis (Primitive Film) é unha produtora e comisaria afincada en Londres que traballou en máis de 80 películas e instalacións cinematográficas para o cinema, a televisión e institucións artísticas. Davies traballa a nivel internacional e produciu proxectos con artistas como Apichatpong Weerasethakul, Ben Rivers, Pauline Curnier Jardin ou Diego Marcon. Foi produtora única da multipremiada Ray and Liz, de Richard Billingham, 2018. A película estreouse en Locarno e presentouse na selección oficial de máis de 70 festivais, chegando a gañar 15 prestixiosos premios cinematográficos. Jacqui Davies/Primitive Film recibiron o BFI Vision Award 2016-2018; o BIFA Breakthrough Producer Award 2018 (por Ray and Liz) e o nomeamento BAFTA a Outstanding Debut Producer 2019 (Ray and Liz). Davies tamén recibiu o premio ACE Producers, 2020 (ACE30).