Quen somos

Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine foi fundado no ano 2003 polo Concello de Santiago de Compostela co obxectivo de potenciar a creación cinematográfica.

Dezaoito edicións despois, Curtocircuíto é un festival destacado no panorama estatal que traballa en contacto directo con outros festivais de Europa. Na nosa Sección Oficial compiten filmes de todo o mundo e nas seccións paralelas ofrecemos unha programación heterodoxa que abarca diferentes formatos e duracións. A contemporaneidade, o risco e a exploración formal son as guías do noso traballo. Nos últimos aos, o modelo evolucionou para convertelo nun festival interdisciplinar que, mantendo o cinema como eixo, abarca na súa programación outras disciplinas tales como a fotografía, a arte sonora, a etnografía, a música ou a literatura. Consideramos que este diálogo entre as artes que compoñen o cinema enriquece a experiencia do espectador e nos permite, como programadores, romper certas convencións e constricións propias dos festivais tradicionais. Curtocircuíto é un festival comprometido co seu tempo, que apoia a creación, a formación e a integración da cidadanía, un punto de encontro lúdico e cultural.

Dirección artística: Pela del Álamo 
Coordinación xeral e dirección de produción: Sabela Mendoza
Programación: Pela del Álamo, Pixi Arnoso, Brais Romero
Responsable técnico, tráfico e control de copias: Pixi Arnoso
Departamento de convidados: Marta Díaz, Jesús Silva
Coordinación de contidos e públicos: Alicia Alonso 
Comunicación: Andrea Villa 
Prensa: Leticia G. Vilamea
Redes sociais: Aldara Pagán
Xefe de produción: Martín Cañedo
Produción de actividadesconcertos e eventos: Coque Dosil 
Producción de actividades: Elisa Celda
Produción técnica: Emilio Horyaans
Asistente de produción: Elisa Celda
Auxiliar de producción: Violeta Solis, Xiana Gilino
Transfers: Beatriz Fernández Villar
Imaxe gráfica: Alicia Alonso, Emilio Horyaans, Pela del Álamo
Fotografía: Aigi Boga 
Video: Leo López
Subtitulado: Marián Sande 
Traducións: Nice Try Translations
Becarios: Xiana Gilino, Rubén Suárez, Andrés Fernández, Lucía Bestilleiro, Ismael Romarís
Web: Numax