#programación

Menú

Terra: Marta Valverde

Sección non competitiva adicada a cineastas de Galicia que teñan unha obra consistente e personal. 

Ler máis Ver menos

"Desenvolvo o meu traballo nos ocos. Parto da autobiografía para tratar temas como a precariedade, a violencia, o traballo e o problema da representación dende unha perspectiva feminista. Xogo coa imaxe fílmica do cine en vivo e dos documentais, sempre seducida pola hibridación e polas formas impuras".

Marta Valverde é licenciada pola UPV/EHU no Mestrado de Arte Performativa Tecnolóxica Contemporánea e pola Escuela Sur e a UC3M no Mestrado de Artes e Profesións Artísticas. 

Cocreadora do espazo Fuck this Studio en Vigo, compaxina a produción das súas propias pezas audiovisuais con outros traballos como VJ en eventos musicais (Xabier Díaz e Luar na Lubre), performances e teatro (por exemplo Mercaderes de Babel de Carlos Aladro ou Paxaros no cabo de Pistacatro), asistente de montaxe (María y los demás, Gallo) e asistente de dirección (Ursúas).

NUMAX

Duración: 30m 00s

Cosas locas

Cousas tolas

Marta Valverde

  • 2022
  • 30:00
  • España
  • DOC, EXP
  • COR

Que significa sobrevivir? Onde queda o límite entre traballo e ocio? Como se constrúe o erótico? Como se constrúe unha obra de arte? Que teñen en común unha artista e unha prostituta? É posible construírse fóra do que pensen os homes? Que significa ser artista? Que relación hai entre pracer e dor? Que ten de político a ollada? É posible sermos coherentes? Como xestionamos a culpa?