#programación

Menú

Terra

Sección non competitiva adicada a cineastas de Galicia que teñan unha obra consistente e personal. 


Enar de Dios Rodríguez (1986, Ourense) é unha artista visual cunha obra interdisciplinar que inclúe o vídeo, a fotografía e a instalación. Na súa práctica artística o proceso de selección de material audiovisual e textual serve como punto de partida para a súa exploración poética e a súa aplicabilidade política. Os seus proxectos máis recentes centráronse na producción do espacio, prestando atención ás consecuencias socio-políticas e medioambientais. A súa obra mostrouse en lugares tan diversos como o Contemporary Jewish Museum (San Francisco), Project Space (Melbourne), a mochila dun amigo, Kunsthalle (Viena), o 45 Salón Nacional de Artistas (Bogotá), e tamén en festivais como DokuFest (Prizren) ou this human world (Viena). Recibiu numerosas bolsas e premios como a bolsa de produción Pixel Bytes + Film, o premio de arte contemporánea Murphy and Cadogan ou a bolsa DKV Seguros-Álvarez Margaride. Enar é co-fundadora do proxecto científico-artístico SEEC Photography e membro de The Golden Pixel Cooperative.

Ler máis Ver menos
NUMAX

Duración: 44m 46s

Liquid ground

Liquid ground

Enar de Dios

  • 2021
  • 31:46
  • Austria
  • DOC, EXP
  • COR

Aínda que os océanos constitúen máis do 70% da Terra, ata o de agora só se cartografou unha parte moi pequena dos fondos mariños. Porén, nos últimos anos, a cartografía destes espazos acelerouse por mor dos diferentes intereses económicos, xeopolíticos e científicos, decididos a construír un "novo continente" para ser explorado e explotado baixo do mar. Liquid Ground é un videoensaio que ten como eixe temático os fondos mariños e a súa cartografía actual para falar de colonialismo, ecoloxía e representación. Formado por unha gran variedade de material atopado —desde as ilustracións da primeira expedición oceanográfica mundial ata as tecnoloxías e visións actuais relacionadas cos océanos— Liquid Ground funciona coma un recordatorio das terras líquidas que, en realidade, nos sosteñen e compoñen. Ademais, é un chamamento a desobedecer a estabilidade das liñas arbitrarias, extractivas e limitadoras que se trazan sobre o espazo. Como calquera outra forma de coñecemento, Liquid Ground é tamén un conxunto de enigmas.

Estrea en Galicia

The Sea is History

O mar é historia

Louis Henderson

  • 2016
  • 13:00
  • Reino Unido
  • DOC, EXP
  • COR

The Sea is History, realizada na República Dominicana e Haití, é unha adaptación libre do poema de Derek Walcott. A película é unha crítica materialista e animista á monumentalización da historia colonial europea, porén enfoca o pasado como algo intimamente enleado no presente, como algo vivo e mutacional composto polos vivos e os mortos. Neste sentido, a película suxire un camiño máis aló do evento límite que podería chamarse o Plantationoceno (provocado co inicio da modernidade e o sistema de capitalismo globalizado que comezou coa colonización das Américas en 1492 coa chegada de Colón a Ayiti, a actual República Dominicana), e cara a un posible futuro “chthulucénico” de ensamblaxes creadas coma unha política de volver narrar a morte dentro da vida.