#programación

Menú

Signed by Todd Solondz

Ver unha película de Todd Solondz significa mergullarse nun submundo de personaxes sombríos: inadaptados misántropos, parias sociais e losers de extrarradio. Os seus repartos conteñen –desde o seu debut Welcome to the dollhouse (1995) ata hasta Wiener-dog (2018) pasando polo máis sórdido, que é o reunido en Happiness (1998)–, un elenco lexendario de actrices e actores como Philip Seymour Hoffman, Danny DeVito, John Goodman ou Heather Matarazzo que se pasearon polos seus filmes ó longgo de un New Jersey baldío, unha especie de suburbio sen fin que non coñece a esperanza.

Con motivo do encontro con Solondz recuperamos un clásico das nosas programacións, a sección Signed By, na que propoñemos a grandes cineastas que exerzan de programadores do festival firmando un programa composto polas películas que foron determinantes na súa traxectoria.

Nesta edición, propoñemos unha sesión dobre que incluirá, por un lado, a proxección dese conxunto de pelis esenciais para el –que inclúe traballos de Kenneth Anger, Paul Morrissey, Russ Meyer ou Satyajit Ray– e, por outro, un encontro en liña con el no que poderemos charlar sobre esa selección e sobre outros temas relativos á súa obra. A sesión estará divida por un descanso de dez minutos.

CGAC

Duración: 66m 46s

Scorpio rising

Kenneth Anger

  • 1963
  • 28:00
  • EEUU
  • FIC
  • COR

Unha banda de moteiros nazis prepárase para unha carreira mentres se suceden imaxes sexuais, sádicas e ocultistas.

Two

Satyajit Ray

  • 1964
  • 12:00
  • India
  • FIC
  • B&N

A película amosa o encontro de dous nenos: un neno rico que vive nunha casa grande e un neno que vive nun barrio pobre. A ventana do neno rico da á barriada.

Smack in the Middle - BATMAN (Serie de TV)

Robert Butler

  • 1966
  • 08:00
  • EEUU
  • TV
  • COR

Batman e o seu axudante Robin loitan contra os malfeitores na cidade de Gotham.

Trash

Paul Morrisey

  • 1970
  • 04:20
  • EEUU
  • FIC
  • COR

Durante o transcurso dun día, un adicto á heroína sofre una sobredose fronte a unha parella de clase alta, intenta enganar á asistencia social facendo que a súa moza finxa un embarazo e frustra ás mulleres da súa vida coa súa impotencia inducida polas drogas.

Heat

Paul Morrisey

  • 1962
  • 01:26
  • EEUU
  • FIC
  • COR

Parodia das aventuras sexuais dun antigo actor infantil en Hollywood. Tamén involucra a un personaxe lésbico malcriado intermitentemente.

 

The pop art affair (The Man from U.N.C.L.E)

George Waggner

  • 1966
  • 08:00
  • EEUU
  • TV
  • COR

Os dous mellores axentes do Comando da Rede Unida para o Cumprimento da Lei (U.N.C.L.E.) loitan contra os inimigos da paz, especialmente as forzas de T.H.R.U.S.H.

She-Devils on Wheels

Herschell Gordon Lewis

  • 1968
  • 05:00
  • EEUU
  • FIC
  • COR

Un grupo de motociclistas composto exclusivamente por mulleres, chamada 'The Maneaters' organiza carreiras de motocicletas, ademais de aterrorizar aos residentes dun pequeno pobo de Florida e enfrentarse a unha banda rival de motociclistas composta exclusivamente por homes.