#programación

Menú

Radar

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Ler máis Ver menos
Teatro Principal

Duración: 72m 19s

Invincible

Invencible

Vincent René-Lortie

  • 2022
  • 29:43
  • Canadá
  • FIC
  • COR

5 de xullo de 2008: Marc, un neno de 14 anos, mergúllase nas augas de Rivière-des-Prairies ao volante dun coche roubado. Invencible traza as 48 horas antes deste incidente cando Marc está confrontado coa súa clamorosa necesidade de liberdade.

Useless Opera Singers

Cantantes de ópera inútiles

Pablo Serret de Ena

  • 2021
  • 28:36
  • Dinamarca
  • EXP
  • COR

Unha forza descoñecida leva a un home a embarcar nunha expedición ao extraordinario Ártico. No seu afán de "medir o norte" empregará un peculiar conxunto de ferramentas de medición, que o axudarán a entender o lugar e a súa forza. Quizáis, nos seus confíns, atopará as respostas que busca. Entre a aventura introspectiva e a poética do absurdo.

Estrea en Galicia

Lori

Lori

Abinash Bikram Shah

  • 2022
  • 14:00
  • Nepal, Hong Kong
  • FIC
  • COR

Unha nai cántalle arrolos á súa filla de 12 anos para consolala. Mais, cando os arrolos terminan e a filla recupera a calma, a realidade resulta ser moito máis sombría e drástica.