#programación

Menú

Radar

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Ler máis Ver menos
Teatro Principal

Duración: 81m 06s

Sudden Light

Luz súbita

Sophie Littman

  • 2019
  • 14:57
  • Reino Unido
  • FIC
  • COR

Mia leva a súa irmá Squeeze a pasear o can polos campos que hai preto da súa casa. A paisaxe comeza a transformarse arredor delas, confúndeas e sitúa a Mia fronte a un home estraño que axexa no confín dun bosque escuro.

Orthodontics

Ortodoncia

Mohammadreza Mayghani

  • 2021
  • 14:00
  • Irán
  • FIC
  • COR

Amitis ten un aparato dental. Sempre o tivo. Un día, algo estraño ocorre coa súa amiga Sara.

Patrick

Patrick

Luke Fowler

  • 2020
  • 21:00
  • Reino Unido
  • DOC
  • COR

O traballo de Luke Fowler lanza dende hai tempo a pregunta de como chegamos a coñecer as persoas na súa ausencia. Abordou este tema coa creación de retratos póstumos de persoas a través de composicións precisas das cousas que deixaron atrás: imaxes e sons gravados, papeis e notas, obras artísticas, os espazos por onde se movían e o testemuño dos amigos que quedan entre os vivos. Patrick evoca a vida do produtor de música homónimo —Patrick Cowley— a través de todos estes medios (Ed Halter).

Das Spiel

O xogo

Roman Hodel

  • 2020
  • 17:09
  • Suiza
  • DOC
  • COR

Un chifre. As bancadas do estadio algarean. Os xogadores protestan anoxados. Os comentaristas seguen a acción do campo. No centro, o árbitro. Ten que decidir e influír na enerxía de todo un estadio.

Estrea en Galicia

Det er I Jorden

No chan

Casper Kjeldsen

  • 2021
  • 14:00
  • Dinamarca
  • FIC
  • COR

A vida de Karoline cambia de súpeto cando o seu pai, Kjeld, empeza a cavar unha fosa no patio traseiro. Os días seguintes transfórmanse nun auténtico pesadelo, xa que a fosa se converte nunha tumba e a terra, que pertenceu á familia durante xeracións, arrastra a Kjeld cada vez máis cara ás profundidades.