#programación

Menú

Radar

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Ler máis Ver menos
Teatro Principal

Duración: 62m 00s

The Rabbit Hunters

O cazadores de coellos

Guy Maddin, Evan Johnson, Galen Johnson

  • 2020
  • 09:00
  • Canadá
  • EXP
  • COR, B&N

Un director de cine falecido (Isabella Rossellini) experimenta un soño póstumo no cal cada intento de reunirse coa súa esposa se frustra polos obstáculos que xorden de varias capas do seu pasado. Unha curtametraxe para honrar o centenario de Federico Fellini.

Estrea en España

Taxidermisez-moi

Taxidermia para min

Marie Losier

  • 2021
  • 11:00
  • Francia
  • EXP
  • COR

Por encargo do Museo da Caza e a Natureza de París, Marie Losier agasállanos cunha xoia lúdica e onírica, destilación do seu universo poético. Armada coa súa cámara de 16 mm coma unha variña máxica, devolve á vida os animais conxelados no tempo para o resto da eternidade. O resultado é unha explosión de cores, sons e texturas no interior deste museo durmido, visto coma se un mirase polo ollo da pechadura.

Dead Flash

Dead Flash

Bertrand Mandico

  • 2021
  • 38:00
  • Francia
  • EXP
  • COR

Vemos unha sucesión de imaxes espalladas, engaiolantes e fascinantes: figuras golpeadas sobre papeis lúcidos e paisaxes oníricas, ata a aparición (atávica) dunha modelo e o seu fotógrafo. Xuntos, xogarán a ser mártires e demiúrgos. Intentarán alcanzar a graza nun mundo de superficies cambiantes.

Estrea en España

Deus Ex Machina

Deus Ex Machina

Anssi Kasitonni

  • 2021
  • 04:00
  • Finlandia
  • EXP, FIC
  • COR

A ilusión escacha cando o espectador pode ver os fíos.

Estrea en España