#programación

Menú

Radar

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Ler máis Ver menos
Teatro Principal

Duración: 72m 56s

Al motociclista no le cabe la felicidad en el traje

Ao motociclista non lle cabe a felicidade no traxe

Gabriel Herrera

  • 2021
  • 09:56
  • México
  • FIC
  • COR

Alí séntase orgulloso na súa fermosa moto, que nunca prestaría a ninguén. Está seguro de que só el pode explorar a selva. Unha recreación lúdica con papeis invertidos que apunta á arrogancia dos conquistadores coloniais.

Giòng Sông Không Nhìn Thấy

O río invisible

Pham Ngoc Lan

  • 2020
  • 23:00
  • Vietnam
  • FIC
  • COR

Historias contadas ao longo do río: unha muller reúnese co seu examante nunha planta hidroeléctrica; mentres, un rapaz viaxa corrente abaixo ata un templo na procura dunha cura para o seu insomnio.

Was wahrscheinlich passiert wäre, wäre ich nicht zuhause geblieben

O que seica pasaría non ficase na casa

Willy Hans

  • 2020
  • 20:00
  • Alemaña
  • FIC
  • COR

Todo dá voltas en círculos. Cinco persoas, unha sala de estar. Fóra, na rúa, incéndianse os coches e da cociña non sae ningún olor agradable. Só cando se derramou o viño, resolveuse o asunto da materia escura, e xa vai tempo que ninguén agarda pola comida, sobe o volume da música. Cómpre sufrir pola beleza. Cirurxía a boca aberta, o inferno é sempre un mesmo. Na órbita de sempre o mesmo, sempre o parecido, sempre o diferente. Humanos, palabras, cousas.

Estrea en Galicia

The Life Underground

A vida no metropolitano

Loïc Hobi

  • 2021
  • 20:00
  • Suiza
  • FIC
  • B&N

Noah, un rapaz na procura da súa identidade, é convidado polo seu mellor amigo, Ethan, para participar nas expedicións que organiza coa súa banda nas profundidades do metro. Neste mundo intermedio, Ethan retará os adolescentes a saltar por riba dos raís antes de que chegue o tren. Para Noah, arriscar a súa vida parece ser a única maneira de ser aceptado e, sobre todo, de existir aos ollos de Ethan.