
Decoder
Decodificador
Muscha
- 1984
- 87:00
- Alemaña
- DOC
- COR
FM (FM Einheit) esperta un día coa sensación de que o Muzak está deseñado para controlar e para lavar o cerebro das masas, algo semellante ás lobotomias. Tamén pensa que esta música envía mensaxes subliminais que poden paralizar o pensamento crítico. Por mor deste espertar visionario, FM baixa a unha hamburguesería e alí rexistra o son ambiental para comezar a facer experimentos na súa casa e conseguir un aparello que chamará anti-muzak.