Don't Go Gentle: A Film About Idles
Non entres dócilmente: unha película sobre Idles
Mark Archer
- 2020
- 75:00
- Reino Unido
- DOC
- COR, B&N
Dont' Go Gentle é unha película sobre a procura da forza a través da vulnerabilidade. Realiza un percorrido a través da determinación, a amizade e a adversidade da banda IDLES na súa loita por ter un lugar nunha contorna sociopolítica dividida, inspirando e unificando inesperadamente unha comunidade internacional no proceso. Nunha época na que o chan se move baixo os nosos pés, onde a comunicación aberta e a reflexión sincera son máis vitais que nunca, Don’t Go Gentle desmonta os estereotipos e empodera os fans para que falen da saúde mental e das realidades que quizais consideremos incómodas.