Memory
Memoria
Nerea Barros
- 2021
- 15:00
- España
- DOC
- COR
A transmisión do legado dun avó á súa neta a través dun mar que xa non existe.
Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena galega.
Ler máis Ver menosDuración: 62m 58s
Nerea Barros
A transmisión do legado dun avó á súa neta a través dun mar que xa non existe.
Carla Andrade
Amarelo atlántico é un nome da variedade única de granito da Serra de Groba, situada ao longo da costa máis meridional e rectilínea de Galicia, e lugar de paso de camiños iniciáticos desde a cultura sumeria. Pola súa riqueza e descoñecemento, constitúe un gran libro de pedra en que se ocultan sabedorías ancestrais e poderosas forzas cosmo-telúricas á división ortodoxia fronte a idolatría. Imaxes fixas e movemento combínanse e tinguen o propio material fílmico resignificando estas nocións relacionadas co amor polo insondable do salvaxe, aínda que estruturalmente asimiladas coma ilusión e ignorancia.
Alvaro Chior
O proxecto O sistema de visualización de cristal líquido e os píxeles subversivos nace coa idea de debullar o sistema de visualización LCD e as súas unidades mínimas, os píxeles; establecendo unha relación alegórica entre eles e entre corpos afectados e sensibles. Neste contexto, o proxecto constrúese mediante a lectura dos “erros” dos píxeles que fallan dentro do sistema LCD, rexistrando os píxeles que se negan a representar a imaxe como se fosen actos subversivos. Neste contexto abórdanse diferentes cuestións como a liquidez, a representación hexemónica, o paradigma actual da información, a súas repercusións emocionais e a súa relación cos corpos e coa propia creación, os seus procesos e tempos, e a aceleración dos ritmos de caducidade de imaxinarios e ideas.
Estrea en Galicia
Alberte Pagán
Quando acordou, o elefante ainda estava lá. Elefante é a película mais curta possível. Elefante consta dum único fotograma, com umha duraçom de 1/60 de segundo (16,7 milissegundos). Elefante é a demonstraçom da essencial diferença entre fotografia e cinema, da radical diferença entre fotograma e fotografia: o cinema nom é movimento senom tempo visual.
Carlos Fernández López
Este filme é unha curta experimental gravada no metaverso. Imaxes da realidade virtual vanse cosendo entre as da crúa realidade, mentres se reflexiona nunha conversa metafísica de sobremesa. Unha xaneliña é unha mira cara ao que está por vir, o irreal do uso do dixital. Unha pantalla pola que asomamos a un mundo virtual que se apoia nos cimentos do tanxible.
Sol Mussa
A merda desaparece tan invisible e inodoramente nas tripas de Santiago que parece que nunca tivera existido. Agora esixe que se lle libere da súa escura cloaca e saír á luz.