Homeless Home
Homeless Home
Alberto Vázquez
- 2020
- 15:35
- España, Francia
- ANI
- COR
Ninguén pode escapar das súas raíces, aínda que estas estean completamente podres.
Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena galega.
Ler máis Ver menosDuración: 80m 26s
Alberto Vázquez
Ninguén pode escapar das súas raíces, aínda que estas estean completamente podres.
Brandán Cerviño
Andrea fixo a súa primeira comuñón. Porén, á cerimonia fáltalle glamour. Para Andrea as cousas sen brilli-brilli non son cousas. O único problema é: ¿será que este Deus non existe?
Antía Carreira
Formigón é a análise das crises económicas da década pasada, a xentrificación das cidades, a precariedade do emprego da mocidade e os seus efectos na saúde mental e social da miña xeración. Todo isto conéctase co movemento rave, que propón un modelo autoxestionado de socialización.
Estrea mundial
Borja Santomé
Peza de animación experimental na que o surrealismo e a psicodelia se conxugan para facer que o espectador se mergulle nunha viaxe onírica, onde o máxico e o sobrenatural transcende o ordinario da vida cotiá. A creación da vida, a espiritualidade e a transformación do mundo aparecen como cuestións esenciais desta curtametraxe, que está contada sen seguir unha estrutura narrativa lineal.
Carlos Iglesias Losada
Por que moverse e non o nada? Apoiados en quen fai cine ou escala montañas para dar respostas, transitamos por un mar de posibles solucións. Pódense establecer pontes sólidas entre estas dúas actividades e extrapolalas a calquera outra. Viaxaremos polas distintas motivacións ata que, cando esteamos voando máis alto, cheos de conviccións, atopemos as fendeduras. Como nos salvamos?
Dani Cornes, Ariadna Cordal García
Antes de partir por camiños diferentes, tres amigos xúntanse nunha última noite de esmorga en Ourense, a cidade que os viu medrar.