#programación

Menú

Penínsulas

Sección competitiva que recolle as pezas españolas máis destacadas da tempada. Un programa diverso que aglutina as diferentes tendencias dentro do cinema de autor, desde cine-ensaio ata ficción tradicional.

Ler máis Ver menos
Teatro Principal

Duración: 82m 16s

Zehn Minuten vor Mitternacht

Dez minutos para medianoite

Mario Sanz

  • 2022
  • 17:01
  • España
  • DOC
  • COR

Cantar rap. Morder as unllas. Comer unha mazá enteira, e comer tamén as sementes. A pastilla amarela, o teu reloxo dourado, e actuar para o público. Faltan dez minutos para as doce, e será a última vez que nos vexamos.

Estrea en España

Fita

Fita

Diego Flórez

  • 2021
  • 13:33
  • España
  • FIC
  • COR

Unha voz atravesa o nevado monte de Polio. Interrompe a calma, ata perderse e desvanecerse na paisaxe. Sobre o níveo manto que entorpece o seu paso, un home avanza polo val inabarcable na procura de Fita, a súa fiel cadela, que desapareceu sen deixar rastro.

Estrea en Galicia

Los Espantos

Os Espantos

Jorge Castrillo

  • 2022
  • 20:00
  • España
  • EXP
  • COL, B&N

Nun pobo de Andalucía erguen as rúas, pode que as ergueran tamén antes. Unha muller escoita os murmurios de María a Escura, nos ocos que trae o vento agochado nas gretas da paisaxe.

Estrea en España

Rotor

Rotor

Ainara Elgoibar

  • 2021
  • 15:42
  • España
  • EXP
  • COR

Rotor retrata unha serie de obxectos inmóbiles: coches e motores, reloxos e esferas armilares, pianos e mazás. Neles descansan as intuicións, os soños e os avances dos seus tempos: a velocidade, o progreso, a rotación dos corpos celestes e o inicio de cada verán. O motor da Bolex H16 que as rodas xira e insufla movementos as súas historias.

Estrea en Galicia

Inner Outer Space

Espazo interior-exterior

Laida Lertxundi

  • 2021
  • 16:00
  • España
  • EXP, FIC
  • COR

A primeira película de Lertxundi desde que se trasladou a España desde California en 2019 é un tríptico composto por tres prezas independentes e á vez interrelacionadas: Teatriño, Espazo exterior interior e Baixo a noite da nada. Un novo escenario para o cineasta, mais o mesmo ceo azul bañado polo sol e polo mar. Como toda a obra de Lertxundi, Espazo exterior interior é unha película de relacións -entre as personaxes, entre personaxes e paisaxe, entre imaxe e son- pero tamén, en última instancia, unha deconstrución do proceso de produción que pon de manifesto a materialidade e o artificio. Ao igual que a muller cos ollos vendados da película, que intenta orientarse nunha nova xeografía, Lertxundi está aprendendo, través da realización da película, ao reencontrarse cunha paisaxe do seu País Vasco natal. O capítulo final, en que as dúas mulleres novas executan unha misteriosa coreografía ao ritmo das imaxes proxectadas das olas, é un estalido de puro sentimento.