#programación

Menú

Longas x Curto

Creada en 2020, esta sección paralela está adicada a amosar algunhas das longametraxes máis interesantes do realizadas por autoras que o festival seguiu desde os seus inicios. Nesta decimoctava edición, Longas x Curto reúne tres apostas radicalmente diferentes de cineastas que abordan a ficción y o documental desde propostas incisivas e formalmente arriscadas. Desde a ficción histórica de Helena Girón e Samuel M. Delgado, que relata as desventuras duns mariñeiros fuxidos coas velas de Colón nas Illas Canarias, ata o repaso punk (en fondo e forma) de Kikol Grau á escena musical dos últimos corenta anos á que aínda lle doen as cicatrices do franquismo; ou a ópera prima de Erin Vassilopoulos, un thriller psicolóxico que se move entre referencias velvetienas ao David Lynch ou unha stoner movie, e onde dúas irmás xemelgas mesturarán as súas vidas nunha viaxe estática ao interior dos seus medos; nunha sección que pecha Guillermo Benet, cunha longametraxe inspirada en aquela curta seleccionada en Curtocircuíto 2018, nun asfixiante formato cadrado que reconstrúe o recordo borroso dunha noite de desaloxos e disturbios para abordar temas como a lealtada, a pertenza de grupo e a verdade. 

Ler máis Ver menos
Teatro Principal

Duración: 99m 00s

Superior

Superior

Erin Vassilopoulos

  • 2021
  • 99:00
  • EEUU
  • FIC
  • COR

Marian aborrece a súa vida e decide fuxir. Diríxese ao único lugar onde sabe de antemán que se sentirá segura: a casa da súa infancia. Alí dálle a benvida a súa irmá Vivian, unha ama de casa a quen hai anos que non ve, con problemas para quedar embarazada e cun matrimonio que vai a pique. Aínda que son xemelgas, as súas vidas son totalmente opostas. O misterioso regreso de Marian cambia drasticamente a tranquila rutina de Vivian. Agora, ambas as dúas irmás terán que volver conectar e reconciliarse. Cando o pasado de Marian alcanza a Vivian, os seus mundos chocan e pon as dúas nun grave perigo.

Estrea en España