#programación

Menú

Longas x Curto

Creada en 2020, esta sección paralela está adicada a amosar algunhas das longametraxes máis interesantes do realizadas por autoras que o festival seguiu desde os seus inicios. Nesta decimoctava edición, Longas x Curto reúne tres apostas radicalmente diferentes de cineastas que abordan a ficción y o documental desde propostas incisivas e formalmente arriscadas. Desde a ficción histórica de Helena Girón e Samuel M. Delgado, que relata as desventuras duns mariñeiros fuxidos coas velas de Colón nas Illas Canarias, ata o repaso punk (en fondo e forma) de Kikol Grau á escena musical dos últimos corenta anos á que aínda lle doen as cicatrices do franquismo; ou a ópera prima de Erin Vassilopoulos, un thriller psicolóxico que se move entre referencias velvetienas ao David Lynch ou unha stoner movie, e onde dúas irmás xemelgas mesturarán as súas vidas nunha viaxe estática ao interior dos seus medos; nunha sección que pecha Guillermo Benet, cunha longametraxe inspirada en aquela curta seleccionada en Curtocircuíto 2018, nun asfixiante formato cadrado que reconstrúe o recordo borroso dunha noite de desaloxos e disturbios para abordar temas como a lealtada, a pertenza de grupo e a verdade. 

Ler máis Ver menos
Teatro Principal

Duración: 75m 00s

Eles Transportan a morte

Eles Transportan a morte

Helena Girón, Samuel M. Delgado

  • 2021
  • 75:00
  • España, Colombia
  • FIC
  • COR

1492. Entre a tripulación de Cristovo Colón viaxan tres homes que xa deberían estar mortos. Conseguiron evitar as súas condenas participando na incerta viaxe, pero ao chegar ás illas Canarias foxen cargados cunha das velas da embarcación. Mentres, no “Vello Mundo”, unha muller trata de salvar a súa irmá moribunda, coa esperanza de que unha curandeira poida axudala. Ambas as dúas viaxes tratan de burlar a morte. Ambas as dúas viaxes están a mercé do tempo e mais da historia.

Entrada de balde ata completar aforo, previa retirada da entrada no despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes) a partir de dous días antes do evento | Máximo de dúas entradas por persoa