Leticia Ramos
Leticia Ramos é científica da arte. Unha viaxeira que percorre os séculos revolucionando a invención sobre as formas de representación do mundo. Constrúe, a partir de eventos históricos e fenómenos naturais, conexións simbólicas entre política, ciencia e imaxinación, nas que se cruzan futuro e pasado. Na súa investigación sobre fotografía analóxica usa escultura, maquetas e efectos especiais para crear paisaxes imaxinarias; relatos e fabulacións que cobran vida mediante fotografía, película e instalación.
Os seus traballos foron expostos en espazos como a Tate Modern, Moreira Salles Institute, Itaú Cultural, Fundación Iberê Camargo, Berardo Collection Museum, CAPC Musée d’art Contemporain (Bordeaux) e Pivô Art Center. Forman parte de coleccións como as da Fundación Botín, Itaú Cultural, Nouveau Musée de Monaco, Museu de Arte Moderna de São Paulo, Museu de Arte Moderna do Rio de Janeiro e a Pinacoteca do Estado de São Paulo.
Marta Ramos-Yzquierdo
Comisaria independente. Licenciada en Historia da Arte na Universidad Complutense, Mestrado en Xestión Cultural no Instituto Ortega y Gasset e parte do ICI New York. Viviu en Chile e Brasil do 2003 ao 2015, onde traballou en diferentes institucións e medios de comunicación. De volta en España, foi directora do LOOP Barcelona 2017, residente na Real Academia de España en Roma (2018-2019) e é profesora de Prácticas Curatoriais no Mestrado da Escola SUR (Universidad Carlos III, Círculo de Bellas Artes), o que compaxina con colaboracións habituais en El Cultural e a revista a-desk.org.
As súas liñas principais de traballo (que desenvolveu en proxectos e exposicións en Alemaña, Arxentina, Brasil, Colombia, España, Italia, México e no Reino Unido) son a análise das estruturas de poder e as posibilidades de incidencia sobre elas a través da práctica da arte contemporánea, parándose no estudo dos modos de percepción e das concepcións temporais, económicas e sociopolíticas.