
Film Granell
Film Granell
Eugenio Granell
- 20:00
- España, EEUU
- EXP
- B&N
Destacado principalmente pola súa obra pictórica, Eugenio Granell foi tamén escultor, poeta, ensaísta, fotógrafo, músico, profesor e cineasta. Entre os anos 1960 e 1980, realizou unha serie de pezas cinematográficas de afeccionados, das cales sete forman un conxunto de películas de arte, segundo palabras empregadas po Alberte Pagán durante a súa revelación pública en 2003. Creadas durante o seu exilio en Nova Iorque, o grupo está composto por breves películas de “cine-poesía” (Trompos, Middlebury, Película feita en casa con bóla e boneca, Casa) e outras de tipo “cine sen cámara” (Inverno e Debuxo, pintadas a mano sobre o soporte, e Chuvia, riscando directamente a emulsión). Estas películas pequenas e fráxiles, consideradas hoxe coma unha parte constitutiva e pioneira do cine experimental español e galego, foron salvagardadas grazas aos traballos de preservación realizados en 2021, no marco dunha acción de investigación impulsada pola Elías Querejeta Zine Eskola coa colaboración da Fundación Eugenio Granell e Filmoteca de Galicia.
Charla-coloquio coa participación de:
Carolina Cappa (archivista audiovisual especializada en restauración e profesora na Elias Querejeta Zine Eskola)
Alberte Pagán (cineasta)
Julia Cortegana de la Fuente, Amaia Badiola, Borja Rodríguez (estudiantes de Elias Querejeta Zine Eskola)
Modera: Pela del Álamo, director de Curtocircuíto.
Créditos da restauración dixital:
Realizada en 2021-2022 pola Elías Querejeta Zine Eskola en colaboración coa Filmoteca de Galicia e a Fundación Eugenio Granell.
Coordinación: Carolina Cappa
Investigación: Borja Rodríguez Gimeno (estudante EQZE 2019-20)
Dixitalización e restauración dixital: Amaia Badiola, Julia Cortegana de la Fuente, Pablo Adiego (estudantes EQZE 2020-21)
Calibración e entregas: Pablo Cayuela (NUMAX)
Duración: 20m 00s
Eugenio Granell