#programación

Menú

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos
Teatro Principal

Duración: 53m 32s

vs

vs

Lydia Nsiah

  • 2021
  • 07:00
  • Austria
  • EXP
  • COR

VS (Virtual Spiral) trata a dinámica entre o tempo e o corpo no cinema. No vídeo dixital e a película de 16 mm non fiable, o proceso do tempo e o corpo (cinematográfico) transfórmase visualmente mediante movementos de cámara en espiral. Aquí entran en diálogo os movementos contrarios, a distancia e a proximidade, ou a profundidade e a superficialidade.

Crater

Cráter

Adina Camhy

  • 2022
  • 14:00
  • Austria
  • EXP, DOC
  • COR

De repente, un furado no chan. Como explica a voz do narrador ao principio de Cráter de Adina Camhy, da noite para a mañá abriuse un furado no chan do seu apartamento: un espazo negativo, a pegada ou a cicatriz dun acontecemento misterioso.

Estrea en España

Aureole

Auréola

Frances Scott

  • 2022
  • 07:32
  • Reino Unido
  • EXP
  • COR

En meteoroloxía, a auréola é un fenómeno atmosférico e óptico; o disco interior visible dunha coroa producido pola difracción da luz do sol ou da lúa: a luz brillante das estrelas ou a luz dos planetas.

El sembrador de estrellas

Sementeira de estrelas

Lois Patiño

  • 2022
  • 25:00
  • España
  • EXP
  • COR

Luces lonxanas debuxan a cidade. Chegan a porto barcos luminosos con xente durmida a bordo, e a noite faise líquida. O sementador de estrelas esperta á xente e xuntos atravesan a cidade, falando dunha cousa e doutra, mentres se despiden de todo.