#programación

Menú

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos
Teatro Principal

Duración: 66m 51s

A Human Certainty

A certeza humana

Morgan Quaintance

  • 2021
  • 20:51
  • Reino Unido
  • EXP
  • COR, B&N

A inevitabilidade da separación, da perda e da morte explóranse a través dun monólogo introspectivo e unha selección de fotogramas, imaxes en movemento e texto escrito.

Against Time

Contra o tempo

Ben Russell

  • 2022
  • 23:00
  • Francia
  • EXP, DOC
  • COR, B&N

Un poema tonal en azul e vermello. Azul > unha banda sonora extraída dun CD de Cyndi Lauper leva a un (outro) intento de atopar un camiño entre a brétema dos últimos anos. Filmada entre os Cárpatos, os bares punk de Vilnius e o Día da Independencia de Bielorrusia de 2019. Vermello > un diario estruturalista: ton + mar + movemento. Un fundido longo, un índice das tipoloxías de todas as cousas, unha inmersión suave. Filmada en Marsella e contorna entre 2021 e 2022.

Estrea en España

Polycephaly in D

Policefalia en re

Michael Robinson

  • 2021
  • 23:00
  • EEUU
  • DOC
  • COR

Policefalia en re é un colaxe denso que explora a deriva existencial, o trauma colectivo e a caída libre psicolóxica do momento no que vivimos. Saltando, caendo e atopando un novo eu no medio do tremor, perdemos unha cabeza para que medre outra.