#programación

Menú

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos
Teatro Principal

Duración: 56m 14s

Minimal Sway While Starting My Way Up

Un mínimo balanceo ao subir

Stéphanie Lagarde

  • 2021
  • 15:39
  • Países Baixos
  • EXP
  • COR

A medida que un ascensor intelixente vai descubrindo o mundo, coñecemos os vencellos invisibles entre as alturas extremas (a megatorre: obxecto especulativo e símbolo da dominación social, cultural e económica) e as profundidades extremas (a mina profunda: lugar de extracción de riquezas naturais e de explotación colonial). Mentres as dúbidas, os medos e os desexos se funden na conciencia do ascensor, a existencia convértese nunha batalla que cómpre xustificar.

Dissolution Prologue (Extended Version)

Prólogo de disolución (versión estendida)

Siegfried A. Fruhauf

  • 2020
  • 06:00
  • Austria
  • EXP
  • COR

O principio reitor conduce a cuestións adicionais en canto ás limitacións do medio e, como suxire o título, á súa disolución. Metaforicamente, isto concirne á idea do pano como emblema do cinematográfico e o seu veo de ilusión que nunca se pecha de forma categórica, senón que se abre sen cesar.

The Detection of Faint Companions

Detección de presenzas

Sandro Aguilar

  • 2021
  • 08:35
  • Portugal
  • EXP
  • COR

Lúa chea, interior: talvez non estea só.

ROTOЯ | Sonic Body

ROTOЯ | Sonic Body

NO1 (Peter Kutin, Patrik Lechner, Mathias Lenz)

  • 2020
  • 13:00
  • Austria
  • EXP
  • COR

ROTOЯ | Sonic Body é a obra multimedia do colectivo de artistas NO1 (Peter Kutin, Patrik Lechner, Mathias Lenz). No centro do vídeo atópase a escultura do mesmo nome, o rotor, un corpo sónico en forma de altofalante que xira ao redor do seu propio eixe a diferentes velocidades cambiantes. Nos altofalantes resoa unha composición minimalista cuxos sons se modulan segundo a velocidade de rotación.

Figure Minus Fact

Figure Minus Fact

Mary Helena Clark

  • 2020
  • 13:00
  • EEUU
  • EXP
  • COR

A noite, coma o loito, refai o espazo a través da ausencia: as formas no limiar da percepción realzan o son e mais o tacto. Cando alguén morre hai unha atracción cara ao concreto e tanxible, pero a incredulidade crea un mundo de obxectos pouco fiables. Figure Minus Fact debuxa e volve debuxar coordenadas entre espazos, sentidos e obxectos; tenteando na escuridade, desexando ver algo que non está aí. Os espazos vólvense evidentes pero enganosos ao realizar un retrato da ausencia, sen suxeito.

Estrea en España