#programación

Menú

Acto de clausura e entrega de premios

Teatro Principal |

21:00 h

Entrada de balde ata completar aforo, previa retirada da entrada no despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes) a partir de dous días antes de cada evento | Máximo de dúas entradas por persoa.

Como colofón á décimo oitava edición do festival, celebraremos un acto de clausura, presentado pola artista escénica Cristina Balboa, que consistirá en:

  • 21:00 | Presentación do Comisariado Interdisciplinar a cargo de Paciencia + Sau-Ching Wong + Ak-zi-å

  • 21:30 | Entrega de premios aos gañadores das distintas categorías + proxección filme gañador da Sección Oficial

 

Cristina Balboa

Cristina Balboa adícase as Artes Vivas e dirixe a Cía. Funboa Escénica. Nas súas propostas procura un diálogo xeracional onde a palabra, a acción, o audiovisual e a música mestúrane na súa proposta artística. Profundiza no autorretrato e a autoficción como formas comunicativas que buscan xerar un sentimiento de identificación co espectador, poñendo o seu corpo e a súa experiencia como centro da dúbida sobre quen somos, investigando sobre a posibilidade de transformación social e persoal que ten a arte e atravesando a súa obra con elementos narrativos que basculan entre a ironía do cotián, a desesperación e a búsqueda do hedonismo. Os últimos traballos da súa Cía. Funboa Escénica son Technocracia, O que Segue, Masa madre + sal marina ou Sushi Gratis. Fala dos seus procesos artísticos e vitais no Blog Lo que sigue de Teatron.   


Comisariado Interdisciplinar

Paciencia

Paciencia é unha colección sonora de erros, fracasos e deleites infraordinarios.

https://paciencia.bandcamp.com/ 

Sau-Ching Wong 

Sau-Ching Wong establecida en Barcelona desde 2006, naceu nos Países Baixos. No seu percorrido como bailarina actuou con varias compañías internacionais de danza contemporánea e teatro. 

Na Biennale de Venecia colaborou con Àlex Rigola, director de teatro para unha ópera. Desde 2010 forma parte da compañía de danza La Veronal ata a actualidade. 

Os seus proxectos de performance, instalacións e vídeos están relacionados co corpo ou contextos sociais. Tamén colaborou en proxectos con artistas doutras disciplinas relacionados co ámbito audiovisual, música e artes dixitais.

Ak-zi-å

Con formación musical clásica, Acacia Ojea (Vigo, 1994) graduouse en Belas Artes en 2017. Traballa no sector cultural en cidades coma Marsella e O Porto dentro do ámbito das artes vivas e do cinema e instálase en Madrid onde realiza os seus estudos de posgraduado en Creación Audiovisual Contemporánea no LAV. Este último ano remata o mestrado de Composición Electroacústica e Novos Medios do Centro Superior de Ensinanzas Musicais KG de Madrid mentres continúa co seu proxecto de djing e pescuda na electrónica experimental e na escena posclub. A súa investigación artística xira ao redor da linguaxe fílmica, da creación sonora e das redes semióticas. Algúns dos seus traballos foron seleccionados en mostras artísticas, como no certame Novos Valores de Pontevedra (2017), no Festival Intersección da Coruña (2020), no Ciclo DOCMA na Cineteca do Matadero de Madrid (2021) ou na radio do Centro de Arte Sonoro de Bos Aires (2021).