Entradas

Información práctica

  • As seccións Radar, Explora e Penínsulas poderanse ver en liña na plataforma Filmin entre os días 2 e 10 de outubro en territorio español.

  • Se xa estás subscrito a Filmin, podes ver toda a nosa programación en liña a través da canle de Curtocircuíto na dita plataforma. 


Proxeccións


Concertos e espectáculos 


Venda de entradas

  • En liña: Recoméndase a adquisición en liña de todas as entradas do festival a través da plataforma compostelacultura.gal

  • Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Horario: de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Domingos de 11.00 a 14.00 h. Teléfono: 981 54 24 62

  • Teatro Principal: Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Horario: durante a celebración do festival (do 2 ao 10 de outubro) desde unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o comezo da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349

  • NUMAX: Entradas só para as proxeccións que teñan lugar nesta sala. Horario: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. Se hai proxección fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio. Teléfono: 981 560 250


Avisos importantes

  • A clausura e a inauguración son de balde, ata completar aforo, previa retirada das entradas en compostelacultura.gal ou no despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes) a partir de dous días antes de cada evento. 

  • O limite de capacidade de cada espazo poderá variar en función da normativa vixente en materia sanitaria nas datas de celebración do festival.  

  • O abono de proxeccións non garante o acceso a todas as proxeccións. O acceso ás mesmas farase por orde na recollida das entradas nos despachos de billetes. Por favor, ten en conta que é posible quedar sen entrada a pesar de presentares o abono, no caso de que as localidades se teñan esgotado previamente. 

  • O abono de proxeccións non dá acceso nin ás actividades formativas nin aos concertos e performances. 

  • No caso de mercar o abono de proxeccións en liña, serña preciso recollelo fisicamente no Teatro Principal ou na Zona C nos horarios indicados anteriormente. 


Protocolo de acceso 

  • (*) Accede ao protocolo actualizado de acceso a eventos e espectáculos en espazos cerrados nesta ligazón. en compostelacultura.gal

  • Como norma xeral, serán de aplicación as establecidas na normativa vixente en cada momento, primando a distancia mínima dun asento entre persoas en todas direccións, mentres permanezan sentadas. 

  • Será obrigatorio o uso de máscara.

  • Haberá instalados postos para a desinfección de mans. 

  • Entrada ás instalacións de forma gradual, mantendo en todo momento a distancia de seguridade de 1,5 m (recoméndase acudir cunha antelación mínima de 20 minutos antes do inicio da sesión). 

  • O control de acceso realizarase mediante os postos de tiqueo desatendido que permitirán que cada persoa que acceda poida ticar a súa entrada sen contacto físico e mantendo a distancia de seguridade. 

  • A saída das instalacións realizarase de forma gradual; as persoas que estean máis próximas á porta serán as primeiras en abandonar a sala. Será o persoal de acomodación quen dará as indicacións pertinentes. 

  • Se presenta algún síntoma relacionado coa COVID-19, tos, dificultades respiratorias ou febre, non poderá acceder ás instalacións.