#programación

Menú

Dame Area + Yung Prado + DA ROCHA UM

Sala Malatesta |

01:00 h

10€

Dame Area

En Dame Area, Silvia Konstance e Viktor L. Crux (tamén en proxectos como Futuro de Hierro, Ordre Etern o Qa'a, e colaborador ocasional de Nurse With Wound e Jochen Arbeit de Einstürzende Neubauten) mesturan sintetizadores e percusión en vivo, industrialismo e tribalismo. Hai quen os califica de tribal wave, outros de EBM latino; algúns refírense a eles como techno-punk e outros como post-punk industrial.

O seu anterior LP, Ondas tribales, publicado en abril do 2021 pola discográfica berlinesa Mannequin Records, esgotouse a meses do seu lanzamento e acaba de ser reeditado. O seu último traballo "Esto me pertenece" é unha mestura industrial con EBM, percusións metálicas e ritmos atípicos, co espírito minimalista de Suicide sobrevoando cada nota.

Dame Area nunca perde de vista que o imporante non son os bombos grandes, os sintetizadores constantes ou as percusións, senón a actitude. E o certo é que, a pesar da escuridade patente, todo en Dame Area é unha grande incitación para reclamar o que é teu: o presente.

Yung Prado

Yung Prado forma parte de Mainline, o colectivo referente da electrónica de Barcelona. Ten publicado traballos en selos internacionais como MMODEMM Frankfurt e Young Ethics de Dj Seinfeld. O seu debut ¿Qué pasa? EP escoitouse tanto na prestixiosa NTS Radio de Londres como en grandes eventos como a Boiler Room x Telekom Electronic Beats Budapest 2020.

No style no rules.

DA ROCHA UM

En paralelo aos seus estudos e investigación en artes plásticas, Da Rocha desenvolveu a súa carreira como DJ e produtor de música electrónica en Galicia, Porto (Portugal), Marsella (Francia), Madrid e Barcelona, cidade onde reside e traballa. Colaborou con compañías de danza e artistas como Kor'sia, laSADCUM, Richard Mascherin e Somadamantina, e as súas mesturas foron emitidas por radios como NOODS, Ma3azef, Radio Primavera Sound, Dublab.es, e Radio Relativa.

Tanto nas súas producións individuais como nas súas colaboracións, o seu son combina fortes liñas percusivas industriais con fragmentos ambientais próximos á nostalxia e á contemplación. As súas fontes de inspiración van desde sons experimentais de vangarda ata referencias de música relixiosa e tradicional de diferentes continentes, facéndose moi presentes en moitas das súas pezas tanto propias como colaborativas.