
Adaora & Video2 A/V
Adaora
Adaora é unha artista multidisciplinaria cuxa música nace nun intento de cristalizar unha identidade difusa, mestura de migración transxeracional, desarraigamento e procura constante así como de catartizar a vida para comprendela mellor. Formada en música clásica pero sen prexuízos, os seus sons camiñan entre o pop e o experimental, e cunha gran presenza vocal.
Video2
Vídeo2 é un colectivo formado polos cineastas Alfonso Rise e Fede Coll. Os proxectos que levan a cabo sempre están marcados pola necesidade de expresar dúas ideas; Gardabarros. Lanzachamas. Avemaría. Salvamanteis. Xirasol. Cabisbaixo . Matasans. Trabalinguas. Sobremesa. Fotonovela. Manirroto. Coliflor. Augamarina. Balonpé. Mapamundi. Badanas. Noiteboa. Parabrisas. Abrelatas. Camposanto.
Aínda que a que máis lles gusta é Xordocegueira.