#programación

Menú

Awkward Moments A/V + Mbodj & Akyute A/V

Sala Capitol |

21:30 h apertura de portas ás 21:00 h

Entrada de balde ata completar aforo, previa retirada da entrada no despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes) a partir de dous días antes de cada evento | Máximo de dúas entradas por persoa.

Awkward Moments A/V

Awkward Moments é un dúo londinense formado por Mimi Xu, produtora e compositora electrónica; e MAGUIRE, multi instrumentista e vocalista principal.

O seu álbum debut An Entropic Cycle foi estreado no Houghton Festival e publicado en marzo do 2020. Estivo presente na lista editorial de reprodución de Spotify The Loft e tamén na lista de reprodución Archived Selection de DFA. No 2020, System Magazine encargoulles a realización dunha mixtape visual en directo. Actuaron tamén en HÖR Berlín e comezaron a emitir o seu programa de radio, actualmente en emisión, en OpenLab Radio. O ano pasado estrearon a súa nova performance multimedia A Strange Time no festival de música electrónica de vanguarda de Madrid She Makes Noise. No 2021, e en colaboración con Ghost Culture, publicaron o tema de protesta Metacurse, que foi recollido na lista New Music Friday.

O seu título máis recente, A Strange Time EP, foi publicado en marzo de 2022 e recollido na lista de reprodución Electronic Daily de Apple Music.

Awkward Moments son unha voz única na arte performativa contemporánea e inmersiva. Os seus directos sempre se caracterizan polo nerviosismo das presentacións artísticas experimentais, pero están firmemente arraigados nas bases dos seus múltiples oficios, que inclúen a composición musical, a puntuación, a narrativa, a actuación en directo, o vestiario, a videografía e o contido das súas proxeccións.

Unha colaboración entre Awkward Moments e os artistas dixitais Anisph e Pablo Alpe, esta actuación de medios mixtos adaptada para Curtocircuíto titúlase A Strange Vision e segue a dous seres extraterrestres mentres lidan cos desafíos de introducir a tecnoloxía da IA no planeta Terra. A disolución física e dixital da humanidade conduce á destrución do mundo tal e como o coñecemos, mais da morte xorde o renacemento e o potencial da felicidade eufórica. Nesta viaxe do espertar que se pasea entre as experiencias 2D e 3D, como parte da súa actuación, tamén se estreará a curtametraxe Life on Venus, dirixido por Norbert Schoerner, convidándonos ao seu desolado, mais deliciosamente campestre mundo de fantasía de megalópoles de neon que deforma os límites do eu, o tempo e o espazo.

Mbodj & Akyute A/V

Akyute

Akyute é un dúo artístico impulsado por Natalia Gima e Magdalena Hart, con base en Barcelona dende 2019. Empregan a tecnoloxía como unha ferramenta para integrar a natureza na era dixital, combinando o deseño de experiencias interactivas, creación audiovisual e son xenerativo. Akyute fundouse sobre unha visión colectiva na cal a interacción é orgánica e viva, a humanidade é sentinte e a comunicación entre as especies é fluida. Unha visión que desafía a forma na que experimentamos os ecosistemas vivos. Xuntas, buscan expandir a conciencia ambiental a través da arte, o deseño, a tecnoloxía e a imaxinación especulativa.

O relato construido para as imaxes xenerativas desenvolvidas en tempo real, creadas a partir do set de Mbodj, atravesa os conceptos que definen o noso sistema solar, transitando por unha paisaxe visual e sonora etéra e dixital cara a experiencia telúrica.

Mbodj

Maguette Dieng é unha DJ e programadora barcelonesa que se adica á difusión musical en varias frontes. Por unha banda, exerce como DJ baixo o nome de Mbodj, picando en diferentes salas da cidade como Razzmatazz, Apolo ou Laut, entre outras; e en festivais como Mutek, Soar ou Loom. 

Por outra banda, é cofundadora do colectivo musical Jokkoo, formado por seis integrantes da diáspora africana residentes na cidade condal. Xunto con eles emite un programa de radio mensual en Dublab.es, dende onde difunden sons de raíz electrónica e experimental procedentes de África e da súa diáspora no mundo. 

A forza motivadora do traballo de Maguette ten moito que ver con transformar a mirada que existe sobre a música electrónica e experimental, e sobre como se pode e se debe crear comunidade e oportunidades a través do son. Tamén se interesa por estudar os códigos culturais que comparten as comunidades de diáspora en relación co continente nai, e como estas comunidades foron cambiando no espazo e no tempo sen perder o seu xene orixinal.