#updates

Curtocircuíto presenta as súas actividades para esta edición

Novas

Celebraremos a 18ª edición de Curtocircuíto do 2 ao 10 de outubro sumando á nosa programación interdisciplinar varias actividades, tanto presenciais como en liña, que servirán como punto de encontro para axentes do sector e o público en xeral.

 

A internacionalización dos festivais será a protagonista da primeira mesa redonda que se celebrará no marco do festival o próximo 7 de outubro no Museo das Peregrinacións. En colaboración con Proxecta - Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, analizaranse tres casos moi diferentes: o de PlayDoc con Ángel Sánchez, un festival de tamaño medio levado a cabo nunha rexión periférica; o de Filmadrid con Nuria Cubas, un festival realizado nunha capital estatal e o de Berlinale con Alejo Franzetti, un dos festivais hexemónicos no circuíto internacional. 

 

A segunda das mesas redondas desta edición abordará como a publicidade e o cine se mesturan á hora de afrontar a creación audiovisual o próximo 8 de outubro no mesmo espazo. En “Impacto /xesto: publi, cine ou cintas de vídeo” participarán Cris Trenas e Santos Bacana (Little Spain) xunto a Nacho Villar e Luis Rojo (BRBR Films). Un conxunto de mozos que nos últimos tempos teñen destacado no panorama estatal e internacional polos seus traballos para artistas como C. Tagana, Territoire, Cálido Lehamo, Emelvi e marcas como Porn Hub, Volkswagen, PayPal, American Airlines, NBA2K, Fruit Of The Loom, Domino's o BestBuy; e que agora dan un salto ao mundo do cine personal.

A dúas actividades serán de carácter gratuito previa inscrición en compostelacultura.gal

Actividades en liña: creación, corpo e identidade

As redes sociais de Curtocircuíto seguirán funcionando tamén nesta edición como unha das nosas sedes dixitais. A persoas interesadas poderán seguir desde cualquera parte do mundo tres conversas moderadas por Marta Ramos-Yzquierdo que se centrarán en temas como os centros de creación, a relación do audiovisual co corpo e o movemento, e sobre como as raíces culturais e o territorio funcionan como punto de partida na construción da identidade e, por tanto, da arte. Serán:

  • Na procura dun refuxio: residencias e centros de creación | Martes 5 de outubro ás  18:00 h en Facebook e Youtube | Con: Almudena Escobar (The Flaherty Seminar), Marta Andreu (Residencias Walden) e Valen Via (Casa de Lava).

  • Representacións da metamorfose | Mércores 6 de outubro ás 18:00 h en Facebook e Youtube | Con: Antonio Ruz (coreógrafo e bailarín independiente), Helena Salgueiro (performar, bailarina, intérprete e poeta) e Virginia Rota (fotógrafa e artista visual).

  • Memorias: identidade, territorios e construtos | Xoves 7 de outubro á 18:00 h en Facebook e Youtube | Con Elena Medel (poeta, novelista, crítica literaria e editora), Gabriel Ventura (escritor) e María do Cebreiro (poeta e ensaista).

The Screen X Curtocircuíto: apoio a películas desde a súa fase de desenvolvemento

O desenvolvemento de películas é un camiño incerto no que acotío se esixe aos produtores coñecementos enciclopédicos. Nesta edición, sumamos forzas con The Screen -a iniciativa de industria da ECAM- para apostar precisamente por romper esa barreira e impulsar o talento emerxente proporcionándolles ferramentas e coñecementos para levar a cabo os seus proxectos.

Farémolo poñendo o foco en aspectos menos visibles da fase de desenvolvemento, neste caso o marketing, nunha sesión na que varios proxectos galegos traballarán con Teresa Morales de Álava aspectos como o posicionamento das súas longametraxes, identificar a esencia das súas historias, ángulos de venda e liñas vermellas, branding e creatividade, estratexias de marketing ou a relación coa prensa e as relacións públicas. Os proxectos seleccionados nesta ocasión son Anoche conquisté Tebas (Gabriel Azorín, Filmika Galaika, Dvein), Así chegou a noite (Ángel Santos, Miramemira), Cando toco un animal (Angel Filgueira, Sétima Media), Crías (Xiana do Teixeiro) e As defensas (Lucía Estévez, Cósmica Producións).