#updates

Seguir a Curtocircuíto en Instagram ten premio!

Novas

Nesta edición de Curtocircuíto, que celebraremos entre o 2 e o 10 de outubro, temos algúns agasallos para vós así que, se nos seguides na nosa contra de Instagram entraredes no sorteo de:

  • Un bono de proxeccións para a edición do 2021

  • Un bono de proxeccións para a edición do 2022

  • Unha subscrición básica anual a Filmin

  • Un regalo sorpresa

Agardámosvos nas salas e, mentres tanto… axudádenos a espallar a boa nova!

Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, está organizado polo Concello de Santiago e conta co apoio da Deputación da Coruña, AGADIC e o ICAA.


Bases legais do sorteo Pack especial Curtocircuíto 2021:

Entidade responsable

Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine, con domicilio en Avenida do Burgo das Nacións s/n, 15705 Santiago de Compostela, é a entidade responsable do sorteo. A participación na presente promoción presupón a lectura e comprensión das presentes bases, así como a súa conformidade coas mesmas.

Ámbito da promoción e duración

Promoción de ámbito estatal e a través de Instagram. Só poderán participar maiores de 18 anos. A promoción dará comezo o 27 de setembro de 2021 ás 12:00 h e terminará o 30 de setembro de 2021 ás 23:59h.

Mecánica de participación e selección da persoa gañadora

Participarán no sorteo as persoas que sexan seguidores ou seguidoras do perfil de Curtocircuíto en Instagram. A persoa gañadora elixirase mediante sorteo puro a través de aplicación online.

Premio

Sortearase un abono de proxeccións para asistir a Curtocircuíto 2021, un abono de proxeccións para a edición de Curtocircuíto 2022, unha subscrición básica anual a Filmin e un agasallo sorpresa. Curtocircuíto notificará á persoa gañadora o premio a través dunha publicación no seu Instagram, para posteriormente requerirlle os seus datos de identificación básicos (número de teléfono, DNI, correo electrónico, nome completo) para tramitar a entrega e o goce do premio. A ausencia de resposta en 24 horas implicará a renuncia ao premio.

Condicións do premio

O premio non poderá canxearse polo seu valor en metálico, nin por calquera outro premio.

Queda prohibida a comercialización e/ou venda do premio ou do dereito ao seu obtención.

O dereito ao premio é intransferible. 

A renuncia ao premio non dará dereito de indemnización ou compensación algunha.

Prohibicións

Serán excluídos da promoción ou perderán o premio todos aqueles participantes que actúen co fin de lucrarse a través da revenda dos premios conseguidos e/ou de forma organizada con devandita finalidade. Para determinar tal intención, Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine terá en conta comportamentos anteriores dos afectados, en base aos cales poderá excluír a súa participación na presente promoción.

Aceptación e Modificación das Bases

A participación na promoción conlevará a aceptación plena e incondicional destas bases e suporá conformidade coas decisións interpretativas que das mesmas efectúe Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine. Curtocircuíto resérvase o dereito a efectuar calquera cambio que redunde no bo fin da promoción cando concorra xusta causa ou motivos de forza maior que impidan levala a término na forma prevista nas presentes bases.

Os participantes poden consultar a política legal do festival en https://curtocircuito.org/gl/aviso-legal