Playlist: traballos que dobran a linguaxe a favor da música
Novas
A música en directo é un dos piares sobre os que construímos Curtocircuíto. Con todo, dende o festival tamén poñemos a mirada nas diferentes formas de retratar e documentar a música. Playlist é o resultado desta inquietude. Cinco películas formarán parte desta sección que abarca grupos desde Idles a La Polla Records; ata a historiografía das pioneiras da música electrónica.
Despois da súa estrea en San Sebastián, proxectaremos no festival No somos nada, o documental de Javier Corcuera sobre o histórico grupo punk liderado por Evaristo Páramos. Gael Herrera, fundadora de Curtocircuíto, é a produtora executiva do documental.
Cinco películas que non se limitan a filmar a música, senón que a utilizan para dobrar a linguaxe ao seu favor, como é o caso de Stop, o docu-musical sobre o grupo Doble Pletina; ou Don’t go gentle: a filme about Idles, onde o relato dos fans é tan crucial como a historia do grupo; pasando tamén por Hier, onde a música se transforma en ferramenta política para cuestionar o establecido.
Listado de películas seleccionadas en Playlist:
|
Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela está organizado polo Concello de Santiago de Compostela e financiado, entre outros, pola Diputación da Coruña, AGADIC e o ICAA.