#updates

Penínsulas: o cinema estatal máis persoal

Novas

Seguimos apostando, un ano máis, polo talento e a creación para a edición número 18 de Curtocircuíto, que terá lugar do 2 ao 10 de outubro en Santiago de Compostela. A nosa sección competitiva Penínsulas recolle este ano as pezas máis destacadas da tempada e contaremos nela cunha selección de 14 títulos que poñen o especial atención no cinema de autor máis arriscado do panorama estatal. A través de xéneros como o documental, a ficción ou outros próximos ao desktop- documentary, estes traballos abordan dunha forma nada convencional temas como a intimidade, a problemática familiar ou o vídeo-amor pandémico

Penínsulas segue gañando peso dentro de Curtocircuíto e estase convertendo nunha das nosas seccións máis esperadas cada ano. Nela danse cita vellas amigas do festival como a cineasta navarra Maddi Barber, que xunto a Marina Lameiro compite co documental Paraíso; Gerard Ortín, que co seu traballo experimental Future Foods nos achega a unha fábrica londiniense de comida de plástico que realiza attrezzo para cinema, publicidade e escaparates; e o ferrolán Alberto Gracia, quen obtivo o premio FIPRESCI coa súa primeira longa O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (2013) e na actual edición presenta a súa segunda curtametraxe Tengan cuidado ahí fuera.

Ademais, Penínsulas contaremos tamén con outros novos nomes como o colectivo Brbr Films, formado por Nacho Villar e Luis Rojo, que presentan o seu traballo Siempre Real nunca inrReal, estre en festivais; Lur Olaizola, que participa no festival co documental Zerua blu; ou o cineasta Álvaro M. Dobaño, autor de Que se muera quien no nos quiera, unha ficción protagonizada por un instagrammer quinqui.

Completamos a sección con pezas de ficción como Fuga, do actor Enric Auquer e Alex Sardà; Playa Chica, de Ignacio Vuelta; e Unicornio, de Irati Gorostidi; os documentais La fiesta del fin del mundo, de Paula González, Gloria Gutiérrez e Andrés Santacruz; Jo ta ke (Non Stop), de Aitziber Olaskoaga, e o hipnótico documental A Minor Figure, de Jamie Weiss e Michael McCanne; e as pezas de experimentación sonora de La mano que canta, de Alex Reynolds e Alma Söderberg e o ensaio fílmico La peli del algoritmo, de Claudia Negro García. Todas elas retratan a realidade dunha sociedade que, aínda en tempos de distancia social, segue namorándose, fuxindo ou tratando de reconstruír un pasado aínda non esquecido.

Listado de películas seleccionadas en Penínsulas

  • A Minor Figure, de Jamie Weiss y Michael McCanne. 2021 - España, Estados Unidos.

  • Fuga, de Alex Sardà y Enric Auquer. 2021 - España

  • Future Foods, de Gerard Ortín. 2020 - España

  • Jo ta ke (Non-stop), de Aitziber Olaskoaga (País Vasco). 2020 - España

  • La fiesta del fin del mundo, de Paula González, Gloria Gutiérrez e Andrés Santacruz. 2021 - España

  • La mano que canta, de Alex Reynolds y Alma Söderberg. 2021 - España

  • La peli del algoritmo, de Claudia Negro García. 2021 - España

  • Paraíso, de Marina Lameiro y Maddi Barber (País Vasco). 2021 - España

  • Playa Chica, de Ignacio Vuelta. 2021 - España

  • Que se muera quien no nos quiera, de Alvaro M. Dobaño. 2021 - España

  • Siempre Real nunca inrReal, do colectivo Brbr Films (Nacho Villar, Luis Rojo). 2021 - España

  • Tengan cuidado ahí fuera, de Alberto Gracia (Galicia). 2021 - España 

  • Unicornio, de Irati Gorostidi (País Vasco). 2021 - España

  • Zerua blu, de Lur Olaizola (País Vasco). 2020 - España

Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, celebrarase entre os próximos 2 e 10 de outubro, e está organizado polo Concello de Santiago de Compostela e financiado, entre outros, pola Diputación de A CoruñaAGADIC e o ICAA.