#updates

Curtocircuíto busca 15 persoas voluntarias

Novas

Un ano máis, Curtocircuíto colabora coa Universidade de Santiago na inscrición de persoas voluntarias que queiran participar na organización do Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela. Este ano, buscamos a 15 persoas voluntarias, con interese cultural e con moitas ganas de colaborar nas labores básicas de produción do festival. Ademais, as persoas voluntarias poderán asistir ás proxeccións, gozar dos encontros, ou asistir aos actos de presentación e clausura. A colaboración será sempre en tarefas de apoio, que en ningún caso implicarán o desenvolvemento de labores profesionais nin a asunción de responsabilidades.

Este ano o formato do festival será mixto, combinando a programación online coa presencial. O horario será flexible en función da dispoñibilidade, e sempre respectando as medidas hixiénico-sanitarias. O prazo de inscrición remata o 20 de setembro.

As persoas interesadas deben inscribirse a través do Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) escribindo a este correo sepiu.santiago@usc.gal.