#updates

Palmarés Curtocircuíto 2022

Novas

Curtocircuíto anuncia o palmarés desta 19ª edición tras 9 días de festival nos que Compostela recibiu a máis de 100 convidados e convidadas vinculadas ao cinema de autor, as artes sonoras e visuais. Tralas deliberacións oportunas, os diferentes xurados decidiron outorgar os seguintes premios:

O xurado Radar, composto por Jaqui Davies, Ane Rodríguez e Marta Ponsa concédelle o Premio Radar ó mellor filme da sección a Love & Revenge, de Anhar Salem.

O Xurado Explora, composto por Becca Voelcker, Andrew Norman Wilson e Ben Rivers, concluíu que o Premio Explora ó mellor filme da sección é para Laika, de Deborah Stratman.

O xurado de Planeta GZ, composto por Clara Roquet, Helena Salgueiro e Miren Iza, concluíu que o Premio Galiza ó mellor filme galego é para Memory, de Nerea Barros. O xurado concédelle unha mención especial a Elefante, de Aberte Pagán.

O xurado de Penínsulas composto por Clara Roquet, Helena Salgueiro e Miren Iza, concluíu que o Premio Penínsulas á mellor película da sección, patrocinado por RC Service é para Diez minutos para medianoche, de Mario Sanz. O xurado concédelle tamén unha mención especial a Femer, de Ana Pfaff e Jaume Coscollar.

O Xurado Novo, composto por Berto S. Lozano, Maru Astray, Saya Mohamed, Héctor Iglesias e Nico Iglesias, concédelle o Premio do Xurado Novo á mellor curtametraxe a Subtotals, de Mohammadreza Farzad da sección Radar. O xurado, concédelle tamén a mención especial a  Camera Test, de Siegfried A. Fruhauf da sección Explora.

O Xurado CREA, composto por Daniel Viqueira, Ozo Perozo, Irene Pin concédelle o Premio CREA á Mellor dirección galega a Nerea Barros por Memory.

O Premio do Públicopatrocinado por Gadis, é para Hideous, de Yann González da sección Radar.

Premio #OutraCompostela, patrocinado por Santiago Turismo e Santiago de Compostela Film Commission, é para Ollada noutra Compostelade Nerea Losada, Eira Losada, Sabela Vilas, Diana Iglesias.