Film Granell: proxección de películas de arte restauradas
Novas
Eugenio Granell volve ser protagonista en Santiago de Compostela na sesión especial "Film Granell. A nova restauración da obra cinematográfica de Eugenio Granell”, que se celebrará o domingo 2 de outubro ás 19h no Teatro Principal.
Entre os anos 1960 y 1980, o artista surrealista realizou unha serie de pezas denominadas “películas de arte”, segundo o termo acuñado polo cineasta Alberte Pagán. Estas películas pequenas e fráxiles, pioneiras do cinema experimental español e galego, son un valioso patrimonio fílmico.
Creadas durante o seu exilio en Nova York, a escolla componse de breves filmes de “cinema-poesía” (Trompos, Middlebury, Película hecha en casa con pelota y muñeca e Casa) e outras do tipo “cinema sen cámara” (Invierno e Dibujo, pintadas á man sobre o soporte, e Lluvia, raiando directamente a emulsión).
A preservación é froito dunha investigación impulsada pola Elías Querejeta Zine Eskola en colaboración coa Fundación Eugenio Granell e a Filmoteca de Galicia.