#updates

Signed by Todd Solondz: carta branca e encontro virtual

Novas

Curtocircuíto dá carta branca a Todd Solondz, recoñecido cineasta independente (Welcome to the Dollhouse, Palindromes, Happiness, etc.) para compartir unha proxección coas súas referencias fílmicas no CGAC, “Signed by Todd Solondz”. Seguidamente, Solondz encontrarase co público nun encontro virtual. A cita será o sábado 8 de 16h a 18:30h.

Con motivo do encontro con Solondz, Curtocircuíto recupera un clásico da súa programación, a sección Signed By, na que propoñemos a grandes cineastas que exerzan de programadores firmando unha selección de películas determinantes na súa traxectoria.

A escolla de Solondz incluirá traballos de Kenneth Anger, Paul Morrissey, Kuchar Brothers, Russ Meyer ou Paul Bartel. No encontro en liña conversarase sobre estes títulos e sobre temas relativos á súa obra. A entrada será de balde, previa inscrición, ata completar a capacidade.