#programación

Menú

Killing your idols… É posible separar ao artista da súa obra?

Museo das Peregrinacións

Venres 7 | 13:00 h

De balde, por orde de inscrición ata completar capacidade | Formulario de inscrición situado ao final desta mesma páxina

Moitas das obras artísticas referenciais ao longo da historia foron acompañadas da iconización dos seus creadores e creadoras. En múltiples ocasións chegamos á obra de determinados artistas a través da súa imaxe pública ou do despregue estético da súa obra.

O capitalismo e a sociedade de consumo contribuíron a elevar a músicos, actrices, artistas plásticos ou fotógrafas ata convertelos en iconas e ídolos intocables. Coa chegada de internet y o nacemento de certos movementos sociais, comezouse a cuestionar a idea de artista e obra como unidade supostamente indivisible.  

Desde as súas propias perspectivas e experiencias persoais, a cineasta catalá Clara Roquet, a performer galega Helena Salgueiro e a compositora e cantante vasca Miren Iza conversarán sobre esta cuestión. Un encontro entre tres xeracións de creadoras contemporáneas nadas nos 70, 80 e 90. Tres épocas sociais e culturais (Xeracións X, Millenial e Z) que tiveron unha relación diferente na construción da súa iconografía persoal.


Clara Roquet

Clara Roquet é unha guionista e directora de cinema española. Escribiu películas como 10.000 km ou Els dies que vindràn xunto a Carlos Marques-Marcet, Petra, de Jaime Rosales ou Costa Brava, Lebanon, xunto a Mounia Akl. A súa primeira longametraxe, Liberdade, estreouse na Semana da Crítica do festival de Cannes e gañou dous premios Goya, entre eles o de mellor dirección novel. Grazas a unha bolsa da Caixa, estudou un Mestrado de Guión na Universidade de Columbia en Nova Iorque. É profesora de guión e dirección na Universidade Pompeu Fabra.

Miren Iza

Tulsa é Miren Iza (Donostia, 1979), unha compositora e cantante vasca que comezou a súa andaina na música a finais dos 90 co grupo de punk pop feminino Electrobikinis. Desde 2007, e baixo o nome artístico de Tulsa, publicou seis discos. Escribe cancións en castelán, relatos cantados con vocación pop. Moi influenciada por mulleres de xéneros dispares, a canción melódica, o blues, o dream pop, desde Mari Trini, a Beach House, pasando por Bessie Smith ou Karen Dalton. O seu amor ao cinema levoulle a participar en varios proxectos cinematográficos, poñendo música á película de Jonás Trueba Os exiliados románticos ou á media metraxe de Raúl Santos Ignonauta. En 2007 foi nomeada ao Grammy Latino a artista revelación e o seu último disco, editado en maio de 2021, é Ese Éxtasis.

Helena Salgueiro

Helena Salgueiro é unha poeta, performer, intérprete e directora de teatro galega. O seu traballo focalízase na performatividade e política do corpo a través da linguaxe, a escritura e o movemento, tendo amosado as súas creacións en teatros, museos, espazos e festivais de Galiza, Portugal, Reino Unido, Suecia e Arabia Saudita. Publicou dous poemarios e unha obra de teatro, ademais de participar en diversas antoloxías de poesía contemporánea e publicacións de investigación e crítica sobre artes performativas, danza e poesía nos ámbitos galego e británico.