#programación

Menú

Impacto / xesto: publi, cine ou cintas de vídeo

Museo das Peregrinacións

Venres 8 de outubre | 12:00

De balde

Aínda que sempre mirada con recelo polas esferas máis elitistas da cultura, a publicidade foi o campo de traballo de moitos cineastas que, non necesariamente, despois pasaron a formatos máis cinematográficos. Esta mesa quere precisamente mesturar mundos diferentes para dialogar sobre as diferencias creativas á hora de afrontar a creación. Diferencias que, ademais de na estética, reflíctense na filosofía de traballo, o tipo de produción, etc.

Coa participación de:

  • Cris Trenas e Santos Bacana (Little Spain)

  • Nacho Villar e Luis Rojo (BRBR Films)


BRBR Films

BRBR es un colectivo fílmico que reside en Madrid y Londres, nacido en el 2014 en la escena del videoclip y la música urbana, y apostando por nuevos formatos y una visión cinematográfica y artística pionera en ese momento. Su trabajo ha sido reconocido en los festivales Cíclope, Young Director Awards, CdeC, El Ojo de Iberoamérica, El Sol, Shots o Berlín Commercial. Su trabajo artístico combina una estética muy cuidada con una narrativa sólida y consistente. La visión de BRBR introduce un tinte onírico y fabulado en un imaginario realista y crudo. El primer largometraje de BRBR, La mala familia, será estrenado a lo largo del 2022. 


Little Spain

Little Spain é unha produtora audiovisual, unha boutique creativa, un axente cultural, un grupo de amigos coa ambición de facer as cousas de xeito diferente e construir decursos alternativos sobre os temas de sempre. Hai pouco dixéronnos que éramos un ecosistema creativo e gustounos a definición. Despois de arrancar co proxecto de El Madrileño de C.Tanagana baixo a dirección creativa de Santos Bacana, o noso obxectivo é facer ficcións de todo tipo e seguir interpretando realidades.


Modera: Marta Ramos Yzquierdo

Curadora independiente. Licenciada en Historia da Arte pola Universidade Complutense, máster en Xestión Cultural polo Instituto Ortega y Gasset, como curadora é parte do ICI New York. Entre 2003 e 2015 viviu en Chile e Brasil, onde traballou en diferentes institucións e medios de comunicación. De volta en España, foi directora de LOOP Barcelona (2017), residente na Real Academia de España en Roma (2018-2019) e é profesora de prácticas curatoriais do máster da Escola SUR (Univ. Carlos III, Círculo Bellas Artes), labor que compaxina con colaboracións habituais en El Cultural e a revista A*Desk. Os seus proxectos e investigacións xiran ao redor do concepto de traballo e das condicións laborais dos artistas, así como da análise de construcións hexemónicas en relación á historia, o tempo e as súas narrativas.