#programación

Menú

Memorias: identidade, territorios e construtos

Xoves 7 de outubro | 18:00 h | Facebook y Youtube

A través de algo inherente a nós como é a nosa propia bagaxe cultural, esta mesa quere falar sobre as raíces culturais e o territorio como o punto de partida na construción da identidade e, polo tanto, da arte, que non só se nutre senón que reinventa as propias concepcións establecidas. Entender a cultura, o tradicional, o folclore e o territorio non como axentes estáticos nun cambio cultural, senón como pequenas engrenaxes dun ecosistema rico e voluble.

Gabriel Ventura

Gabriel Ventura (Granollers, 1988) é escritor. Os seus últimos libros son W (2017), Apunts per a un incendi dels ulls (2020), que inspirou o título dunha exposición colectiva no MACBA, e La nit portuguesa (2021), crónica de rodaxe de Liberté, a última película de Albert Serra. 


Elena Medel

Elena Medel publicou libros de poemas, ensaios e novelas; o máis recente é Las maravillas (Anagrama, 2020). Dirixe a editorial La Bella Varsovia. Obtivo o XXVI Premio Loewe Joven, o Premio Fundación Princesa de Girona 2016 e o Premio Francisco Umbral ao Libro do Ano 2020, entre outros.


María do Cebreiro

María do Cebreiro Rábade Villar (Santiago de Compostela, 1976) é escritora e doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Na actualidade exerce como profesora e vicedecana de cultura na Facultade de Filoloxía da USC. Publicou dez libros de poemas en lingua galega, entre os que destacan O estadio do espello (1998), Nós, as inadaptadas (2001), Non queres que o poema te coñeza (2004), Os hemisferios (2006), Os inocentes (2014) e O deserto (2015), Premio da Crítica española. É autora dos ensaios As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña, as terceiras mulleres (2005) e Fogar impronunciable, poesía e pantasma (2011).


Modera: Marta Ramos Yzquierdo

Curadora independente. Licenciada en Historia da Arte pola Universidade Complutense, máster en Xestión Cultural polo Instituto Ortega y Gasset, como curadora é parte do ICI New York. Entre 2003 e 2015 viviu en Chile e Brasil, onde traballou en diferentes institucións e medios de comunicación. De volta en España, foi directora de LOOP Barcelona (2017), residente na Real Academia de España en Roma (2018-2019) e é profesora de prácticas curatoriais do máster da Escola SUR (Univ. Carlos III, Círculo Bellas Artes), labor que compaxina con colaboracións habituais en El Cultural e a revista A*Desk. Os seus proxectos e investigacións xiran ao redor do concepto de traballo e das condicións laborais dos artistas, así como da